Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Deputación espera rematar en outubro as obras da estrada de Ponteceso á Pedra

A Deputación espera rematar en outubro as obras da estrada de Ponteceso á Pedra
O presidente da Deputacion visitou onte Cabana O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, visitou onte Cabana O vindeiro mes está previsto que rematen as obras de ampliación e mellora da estrada DP 1402 de Ponteceso á Pedra polo Bosque, no concello de Cabana de Bergantiños. O traslado dos postes do tendido eléctrico retrasaron a execución dos traballos que supuxeron un investimento de preto de 1,2 millóns de euros, dos que 817.573,49 corresponden á execución de obra e 372.986,47 foron destinados á expropiación dos terreos para a ampliación da plataforma do vial, que antes contaba cun ancho medio de 5 metros e agora contará con 8 metros de anchura. Así o manifestou onte presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, durante a súa visita ao municipio de Cabana de Bergantiños.  Os técnicos provinciais estiman que os traballos poden estar completamente finalizados antes de que remate o mes de outubro dos que restan uns 300 metros dun tramo de case 4,3 quilómetros de lonxitude. González Formoso visitou as obras da estrada acompañado polo alcalde da localidade, José Muíño, quen agradeceu a visita do presidente provincial e solicitou que, na medida da disponibilidade presupostaria da Deputación, se estude continuar a ampliación da estrada nos seis quilómetros restantes ata o lugar de Nantón. Outras inversións A maiores da ampliación da DP1402, a Deputación financiou no último ano no municipio  de Cabana proxectos de mellora de estradas por importe de máis de medio millón de euros, entre os que destacan a ampliación da plataforma da DP 1405 de Pazos a Leas por Beres, entre os PK 8,820 e 10,760, cun investimento de 251.136 euros; o reforzo do firme da DP 1406 de Neaño ao Allo por Cesullas, cun ivestimento de 85.739 euros; a senda peonil de acceso ao Dolmen de Dombate, cun presuposto de 97.178 euros ou a recente reparación da ponte sobre o río Anllóns con case 30.000 euros. Na súa visita, González Formoso destacou que os distintos plans de investimentos da Deputación, como o POS, o PAS ou o PAI contribuiron a mellorar numerosos viais do municipio como a estrada do campo de fútbol, a de Guisande a Medoña, a estrada do Carballal ou a de Folgoso-Denello e camiños municipais en Reboiras, Carballas, Vidual e Cesullas. Con respecto aos novos plans do executivo provincial, o presidente apuntou que o Plan de Acción Social, cun orzamento de 322.891 euros, permitiu financiar melloras nos locais sociais de Anos e Nantón e no edificio de usos múltiples de Neaño, así como no entorno da escola infantil do municipio. O Plan de Emprego tamén incrementa este ano a súa achega pasando de 11.400 euros en 2015 a 31.000 euros en 2016, o que permitirá ao municipio contratar máis persoal durante máis tempo, mentres que os 52.342 euros do novo Plan de Medioambiente - PMA - se destinarán a financiar a mellora da rede de saneamento en A Carballa. Proxecto piloto de aforro enerxético Outro dos asuntos abordados durante a visita de onte foi a posibilidade de iniciar un proxecto piloto de aforro enerxético no que participarían os concellos de Ponteceso, Laxe, Cabana e Malpica. “A factura eléctrica segue a ser un dos principais gastos correntes dos concellos do ámbito rural, polo que a Deputación quere pór ao servizo destes municipios os servizos da Fundación Axencia Enerxética Provincial - FAEPAC- para a elaboración de auditorías e proxectos de mellora da eficiencia enerxética das instalacións municipais que permiten reducir en máis dun 50% os gastos con investimentos que poden recuperarse a curto ou medio prazo e que poden ser financiados polos municipios con cargo ao Plan de Medioambiente” da institución provincial, segundo explicou González Formoso. O proxecto enmárcase na intención do actual goberno provincial de “revitalizar” a FAEPAC e pola a disposición dos concellos. Fonte

Comentarios