Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Diverescola de Íntegro continúa coa súa aposta de educación inclusiva dende a infancia

A Diverescola de Íntegro continúa coa súa aposta de educación inclusiva dende a infancia
A Diverescola de Integro en Bormoio A Diverescola de Integro en Bormoio Continúa a Asociación Íntegro levando a diversidade ás escolas da bisbarra, como un dos xeitos máis efectivos de naturalizala, fomenanto unha aprendizaxe en valores e unha aposta pola educación inclusiva dende a infancia. Desta volta, a Diverescola de Íntegro entrou nas aulas de infantil do CEIP de Bormoio-Agualada cargada de xogos e diversión nunha nova xornada de sensibilización. No Día Internacional das Persoas con Diversidade, varios usuarios/as da entidade foron (Dora, Luisa e Fran), xunto á súa monitora de ocio e tempo libre, Lucía Blanco, os encargados/as de conducir os obradoiros dirixidos aos máis cativos/as, nunha iniciativa de carácter didáctica incluída no programa Capacíta-T, que ten como obxectivo concienciar ao alumnado de educación infantil en materia de diversidade e inclusión. As actividades, adaptadas á idade dos/as participantes, comezaron a primeira hora da mañá cun conto moi ameno e ilustrativo titulado “Por cuatro esquinitas de nada”, no que se aborda a diversidade como un elemento enriquecedor da sociedade, afondando na idea de que todos e todas somos únicos e diferentes. O momento máis divertido chegou cando tocou pasar á acción e poñer a proba a súa habilidade e destreza. Todos superaron un circuíto de mobilidade no que tiveron que realizar un pequeno percorrido collendo varios obxectos cos ollos tapados para poñerse así na pel das persoas que sofren discapacidade visual. Facer un sándwich cunha soa man e realizar un debuxo con diferentes partes do corpo sen empregar a man que usan habitualmente, foron outros dos exercicios acadados con éxito e cos que deron exemplo da súa gran capacidade de empatía. Ao longo da mañá, os cativos/as aproveitaron para preguntarlle aos nosos usuarios/as polo seu día a día facendo gala dunha gran naturalidade e espontaneidade.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-escola-unitaria-de-torrelaxons-visita-integro/

Comentarios