Xoves. 25.04.2019
El tiempo

A Escola Unitaria de Torrelaxóns visita Íntegro

A Escola Unitaria de Torrelaxóns visita Íntegro
Alumnado da escola unitaria de Torrelaxons cos usuarios de Integro Alumnado da escola unitaria de Torrelaxons cos usuarios de Integro

Un luxo ver como funcionan as pequenas e familiares escolas unitarias da comarca. O alumnado dunha delas, a de Torrelaxóns, en Laxe, viviu ademais o pasado venres unha interesantísima xornada de sensibilización coa visita da diversa familia de Íntegro.

Durante a visita ao centro de nantón, os/as cativos compartiron experiencias cos usuarios da entidade, e tiveron a oportunidade de elaborar xabóns de glicerina e pulseiras de macramé. Dúas actividades que espertaron a curiosidade da rapazada. Na sala de ximnasia puxeron a proba a súa habilidade e destreza con diversos xogos de habilidade.

Ao remate, os/as estudantes fixeron gala da súa creatividade e imaxinación para realizar un mural no que plasmaron as súas impresións sobre a xornada vivida no centro e no que, a bo seguro, non faltaron as palabras diversión e aprendizaxe.

Alumnado da escola unitaria de Torrelaxons cos usuarios de Integro facendo manualidades Alumnado da escola unitaria de Torrelaxons cos usuarios de Integro facendo manualidadesAlumnado da escola unitaria de Torrelaxons cos usuarios de Integro Alumnado da escola unitaria de Torrelaxons cos usuarios de Integro

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-xunta-reconece-o-labor-de-integro-e-apoia-o-proxecto-avanza-inclusion/

Comentarios