Xoves. 25.04.2019
El tiempo

A FAXPG pon en marcha un programa de emprego para persoas con discapacidad auditiva na comarca de Bergantiños

A FAXPG pon en marcha un programa de emprego para persoas con discapacidad auditiva na comarca de Bergantiños
https://www.facebook.com/faxpg/videos/279456746016823/?t=6

Pioneira iniciativa a que abre a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG). Trátase de impulsar o emprego para as persoas con discapacidad auditiva na comarca de Bergantiños baseándose nunha orientación laboral personalizada e accesible para as persoas xordas, unha formación accesible en Lingua de Signos Española e na procura directa de postos de traballo adaptados en empresas da zona.

O proxecto conta co financiamento da Consellería de Política Social a través das axudas do Fondo Social Europeo. Desenvolverase entre os meses de novembro de 2018 e maio de 2019 principalmente no Forum de Carballo, onde haberá unha orientadora laboral os luns, mércores e venres en horario de 8:00 a 15:00 h. Pero ademais, os martes e xoves o proxecto desprazarase aos diferentes concellos da zona para facilitar o acceso ao mesmo de todas as persoas xordas residentes na comarca.

Os únicos requisitos para participar no proxecto son residir nalgún dos concellos da zona (Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, Laxe, Laracha, Malpica ou Ponteceso) e posuír un certificado de discapacidad auditiva.

Para participar ou solicitar máis información é necesario contactar co Servizo de Emprego da FAXPG a través de WhatsApp no número 698 149 081, por email a [email protected]é ou [email protected]é ou na propia páxina do Servizo de Emprego en Facebook: www.facebook.com/empleofaxpg/.

”Un parche”

Mágoa pensan no resto da bisbarra de que o proxecto non chegue ao resto da Costa da Morte. Por exemplo, Lucas Fernández do centro auditivo OE+ considera que se podería incluír ás comarcas de Soneira e Fisterra, onde moitas persoas con certificado de discapacidade auditiva poderían beneficiarse.

“Considero que tamén puidese haber outro plus económico para os empregadores, e que as formacións en Lingua de Signos poderían estar enfocadas tamén para eses mesmos empresarios interesados”, explica. En todo caso, valora que “se consegues fixar 5 postos de traballo xa é algo positivo, dende logo, pero creo que é unha gota de auga no deserto. Veremos se ten continuidade e se se puidera expandir a outras comarcas como a nosa.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/oe-ou-a-vangarda-en-materia-auditiva-dende-cee-para-toda-espana/

Comentarios