Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A #ILPdoBosqueAutóctono pedirá apoio aos alcaldes de Bergantiños

A #ILPdoBosqueAutóctono pedirá apoio aos alcaldes de Bergantiños
ILP do Bosque Autoctono

Despois do achegamento pola comarca de Fisterra, este xoves 1 de marzo, a Alianza por un Rural Galego Vivo (CIG, FRUGA e ORGACCMM) e Cousa de Raíces, promotoras da “Proposición de Lei por Iniciativa Lexislativa Popular para a protección e mellorados hábitats de bosque autóctono, a racionalización da xestión do monte e a loita contra os incendios forestais”, presentará aos concellos de Bergantiños a ILP, pedindo o seu apoio. Ás 13.30 horas está prevista unha xuntanza cos alcaldes da comarca, na Casa Consistorial do Concello de Carballo, e ás 17.00 horas reuniranse cos representantes de todos os grupos municipais destes concellos no Pazo de Cultura desta localidade.

Ás 19.00 horas farase un acto público de presentación da ILP, tamén no Pazo de Cultura de Carballo. Haberá mesas de recollida de sinaturas de apoio á ILP.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios