Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Mesa volve denunciar unha marea de topónimos incorrectos na rotulación pública de Bergantiños

A Mesa volve denunciar unha marea de topónimos incorrectos na rotulación pública de Bergantiños
Aguarrey (Augarrei). Cabana de Bergantiños Aguarrey (Augarrei). En Cabana de Bergantiños

A Mesa Pola Normalización Lingüística xa identificara 172 topónimos deturpados na rotulación pública en Bergantiños en 2014. Este 2016, despois de percorrer de novo a bisbarra de Bergantiños, a sección bergantiñá do ente, volve denunciar a discutida permanencia de ducias de sinais por toda a bisbarra, cos topónimos castelanizados non oficiais.

“Para desprezar e maltratar os topónimos sempre hai diñeiro, para recuperalos e dignificalos semella que nunca”, denuncia Xosé Cotelo, voceiro da Plataforma en Bergantiños, despois de enviar a todos os concellos da comarca e á Deputación da Coruña un escrito esixindo a restauración dos topónimos oficiais na sinaléctica pública da comarca.

A sección da Mesa en Bergantiños lembroulles aos concellos e á Deputación que “os nomes de entidades de poboación da provincia da Coruña foron fixados hai xa máis de trece anos mediante o Decreto 189/2003 do 6 de febreiro”, mais que porén, “aínda permanecen moitos topónimos deturpados na sinaléctica de Bergantiños”.
Desde A Mesa apuntaron que a Lei de Normalización Lingüística estabelece que "Os topónimos de Galiza terán como única forma oficial a galega", que "corresponde á Xunta de Galiza a determinación dos nomes oficiais dos núcleos de poboación” e que "estas denominacións son as legais a todos os efectos e as rotulacións terán que concordar con elas”.

O caso é que dende 2014, e apesar da denuncia pública, “todo segue practicamente igual, os rótulos públicos manteñen practicamente os mesmos topónimos incorrectos que denunciamos hai máis de dous anos”. Deste xeito, desde A Mesa denunciaron a existencia de topónimos deturpados como Valencia (Valenza), en Coristanco; Aguarrey (Augarrei), en Cabana de Bergantiños; A Grela (A Agrela) na Laracha; Verdillo (Berdillo), en Carballo; Couto (O Couto) en Ponteceso; Aldeola (A Aldeola), en Malpica, ou Aplazadoiro, Aplazadorio e Aplazaduiro (O Aprazaduiro) en Laxe, “por citar só algúns deles”.

Sinais deturpada en Laracha Laracha modificou varias sinais, pero non elimiou algunha vella

O responsable da Mesa na comarca, Xosé Cotelo, explicou que o único concello en que se produciron cambios nas rotulacións desde a nosa denuncia en 2014 foi na Laracha: “Instaláronse algúns rótulos cos topónimos correctos, porén, na inmensa maioría dos casos non se retiraron os letreiros incorrectos propiciando a existencia de dous nomes distintos para denominar o mesmo lugar”.

Xosé Cotelo afirmou que “no resto dos Concellos, nin na Deputación nin tampouco desde a Xunta se levou a cabo ningunha modificación para devolver os topónimos correctos á sinaléctica pública conforme á súa forma oficial recollida no Nomenclátor” e lamentou que “para desprezar e maltratar os topónimos sempre hai diñeiro, para recuperalos e dignificalos semella que nunca”.

Valencia (Valenza). Coristanco Valencia (Valenza). Coristanco Verdillo (Berdillo). Carballo Verdillo (Berdillo). Carballo Piñeiros (Os Piñeiros). Malpica Piñeiros (Os Piñeiros). Malpica Igrexa de Valencia (Igrexa de Valenza). Coristanco Igrexa de Valencia (Igrexa de Valenza). Coristanco Couto (O Couto). Ponteceso Couto (O Couto). Ponteceso Aplazadoiro (O Aprazaduiro). Laxe Aplazadoiro (O Aprazaduiro). Laxe Aplazaduiro (O Aprazaduiro) Laxe Aplazaduiro (O Aprazaduiro) Laxe Aplazadurio (O Aprazaduiro), Viqueira (A Biqueira).  Laxe Aplazadurio (O Aprazaduiro), Viqueira (A Biqueira). Laxe Bugalleira (A Bugalleira). Ponteceso Bugalleira (A Bugalleira). Ponteceso

Novas relacionadas

Novas relacionadas

  • A Mesa.

Comentarios