Luns. 18.11.2019
El tiempo

A mina de Corcoesto chega ao Parlamento

A mina de Corcoesto chega ao Parlamento

A explotacion da mina de ouro a ceo aberto de Corcoesto, en Cabana de Bergantiños, chegará ao Parlamento, trala pregunta presentada polo Grupo parlamentario do BNG, por vía de urxencia.

Dende o grupo da oposición sinalan que "sorprende que o alcalde de Cabana e a Xunta de Galicia apoien abertamente a abertura da mina, dada da gravísima afección paisaxístixa e ambiental dun proxecto que prevé a utilización de cianuro, a construción dun encoro de 60 metros de altura para almacenar os lixiviados situado a escasa distancia do río Anllóns e varias minas a ceo aberto para un tempo de explotación calculado en 8 anos, pasados os cales os postos de traballo - escasos - desaparecerían ficando un espazo degradado e uns residuos que, por moito tempo, ameazarán o medio".

Por que apoia a Xunta a abertura dunha mira de ouro a ceo aberto en Corcoesto?, pregunta o BNG no Parlamento pois.

Presentanco alegacións

Ademais, a Plataforma pola Defensa de Corcoesto xa está traballando nas alegacións ao proxecto, unha vez que o prazo exposición pública está a piques de expirar. Iso si, xa houbo alguén veciño que presentou alegacións pola súa conta.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios