Venres. 19.04.2024
El tiempo

A mina de ouro de Corcoesto axiliza a súa posta en marcha co apoio das administracións e oposición dos ecoloxistas

A mina de ouro de Corcoesto axiliza a súa posta en marcha co apoio das administracións e oposición dos ecoloxistas

Recollemos hoxe do xornal curmán Galicia Confidencial as últimas novidades sobre a mina de ouro a ceo aberto de Corcoesto. En outubro do ano pasado anunciabamos a presencia dunha empresa canadiense interesada en explotar os montes de Corcoesto, en Cabana de Bergantiños, pero chegando a espazos en Coristanco e Ponteceso. E parece que a cousa vai máis rápida do esperado.

A empresa mineira canadense Edgewater, que xa conta cunha concesión de explotación de 90 anos, está axilizando os trámites coa Xunta para instalarse na zona, e asegura contar co "apoio a todos os niveis" da administración autonómica, e da local, para comezar a abrir a mina a ceo aberto.
Só precisa que o proxecto sexa declarado pola Xunta "proxecto estratéxico", o que axilizaría os trámites da mina. Polo de pronto, xa teñen enviado o Estudo de Impacto Ambiental a San Caetano. Afirman así que no 2013 a mina estará en funcionamento "con todos os permisos".

Problemas medioambientais

O colectivo ecoloxista galego xa se puxo a investigar o caso e alertan que a mina afectaría á Rede Natura, en contra da posición da empresa. A presencia na zona do Lugar de Interese Comunitario LIC Río Anllónes e estar moi preto do LIC Costa da Morte e o ZEPA Costa da Morte preocupan a colectivos como Verdegaia.
Alertan ademais de que "se crearán tres instalacións contendo produto químico extremadamente tóxico para o home e a fauna" en Corcoesto. I é que falamos dunha superficie duns 770 campos de fútbol...

Tamén teñen reservas sobre a agresividade dos produtos necesarios para extraer o ouro. Así, os ecoloxistas advirten que Edgewater vai estar "Empregando unha solución fortemente alcalina (pH 10,5) de cianuro sódico para separar o ouro das rochas extraidas e trituradas, sexa mediante lixiviación dinámica en tanques axitados ou mediante lixiviación en pilas. De empregarse esta última estarian a ceo aberto tres instalacións contendo dito produto químico extremadamente tóxico para o home e a fauna: a pila de rochas trituradas e as dúas balsas mineiras".

Aquí vos deixamos coas presentacións a favor, e en contra da mina, formuladas pola propia empresa e por Verdegaia:

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios