Venres. 19.04.2024
El tiempo

A piques de rematar as reformas da cuberta do CPI As Revoltas

A piques de rematar as reformas da cuberta do CPI As Revoltas

A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou esta mañá o Colexio Público Integrado (CPI) As Revoltas, no concello de Cabana de Bergantiños, para supervisar o avance dos traballos de mellora que está a realizar a Xunta cun investimento de 50.098 euros.

Do Campo percorreu as dependencias escolares acompañada polo xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, o alcalde da localidade, José Muíño, o director do centro, Xosé Ramón Lema, e varios membros da AMPA.

A actuación, que non está a afectar á vida diaria da comunidade educativa, avanza a bo ritmo, polo que, segundo as previsións do departamento autonómico, estará rematada ao longo desta semana.

Unhas obras necesarias

As obras consisten na reorganización do sistema de recollida de augas pluviais para evitar filtracións e humidades. I é os problemas coas pingueiras e humidades chegaran á Xunta a través do alcalde.

Na zona de Educación Primaria do centro estase a reforzar parte da cuberta para resolver un punto de encontro da mesma a través da creación dun novo canalón, mentres que en Secundaria as obras consisten na ampliación da propia estrutura, a creación de aleiros e a eliminación do muro existente para permitir a colocación de canalóns no exterior da fachada para a recollida de augas pluviais. Ademais, a intervención inclúe a reparación das fisuras que presentan as paredes, a través da súa apertura, selado e acabado, así como o pintado da zona interior.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta.

Comentarios