Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Reserva da Biosfera “As Mariñas Coruñesas, Terras do Mandeo” adaptará o seu nome aos Concellos de Bergantiños

A Reserva da Biosfera “As Mariñas Coruñesas, Terras do Mandeo” adaptará o seu nome aos Concellos de Bergantiños
MAPA RESERVA Marinas Corunesas-Costa da Morte

Xa o manifestaran o pasado mes de marzo e agora volven ratificalo. Cabana, Coristanco, Laxe, Malpica e Ponteceso teñen interese, como Carballo, de adherirse á Reserva de Biosfera “As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, que adaptaría a súa denominación co noso topónimo comarcal de Bergantiños ou da Costa da Morte.. Os seus alcaldes xa mantiveron unha reunión o consistorio de Carballo co presidente das Mariñas Coruñesas, José Antonio Santiso, e o secretario estatal do Consello Científico do programa Man and Biosphere, Pablo Ramil, para coñecer con detalle o proxecto e as características que ten a Reserva. Agora traballan a nivel interno en facer oficial este interese.

Con todos eles, a Reserva de Biosfera sumará un total de 27 municipios membros onde residen uns 270.000 habitantes, o que dá idea da relevancia que está tomando As Mariñas Coruñesas cando só ten cinco anos de vida.

Simbiose

A Reserva contaría cun territorio de gran valor ambiental como é a Costa da Morte, onde se podería establecer unha nova zona núcleo sobre a que configurar o plan de xestión para o novo período. E os Concellos uniríanse a unha entidade que busca as oportunidades económicas, ambientais e turísticas vinculadas ao territorio, con experiencias xa exitosas, como a posta en marcha de proxectos emprendedores, pero aínda cun gran campo de crecemento.

Proceso de adhesión

A ampliación é un proceso longo. Primeiro os técnicos teñen que redactar un proxecto técnico relatando a nova configuración, obxectivos e demais aspectos que configuran a Reserva. Logo ten que ser aprobada polo Estado e posteriormente validada pola Unesco, que é quen outorgou a denominación de Reserva de Biosfera. A idea é tramitar unha soa ampliación cos novos municipios que se incorpores para logo deixar un tempo longo sen tocar xa a composición das Mariñas Coruñesas.

Novas relacionadas

Comentarios