Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A solidaridade, o teatro e o deporte protagonizan o nadal en Corcubión, Cee, Cabana e Muros

A solidaridade, o teatro e o deporte protagonizan o nadal en Corcubión, Cee, Cabana e Muros
gala solidaria Continuamos repasando as actividades para o nadal que organizan os concellos e outras entidades. Unha das propostas chega da man da asociación universidade Popular de Corcubión que organiza a Gala Solidaria 2015 a prol da Fundación Theodora, que traballa pola humanización hospitalaria de nenas e nenos a través dos “Doutor@s Sorrisos” coa finalidade de que a súa estancia en hospitais e intervencións quirúrxicas sexan menos traumáticas. Na actualidade a Fundación Theodora Dentro do estados español, esta fundación traballa en 20 hospitais, tamén na Coruña, Ferrol, Santiago e Vigo. A gala, na que participarán diferentes artistas de maneira altruista, terá lugar o vindeiro sábado 19 de decembro na casa da Cultura de Corcubión ás 18:00 horas. A entrada-donativo será de 2 euros, e sortearánse dous lotes de Nadal entre os asistentes.   Integrantes do clube de Patinaxe Artística "Costa da Morte" Integrantes do clube de Patinaxe Artística "Costa da Morte" Pola súa banda, o concello de Corcubión vén de presentar o programa de actividades que levará a cabo durante esta época de Nadal. A primeira das actividades terá lugar tamén o próximo sábado, 19 de decembro, ás 11 horas no polideportivo municipal. Alí, grazas á colaboración co Clube de Patinaxe Artística "Costa da Morte", celebrarase a II Exhibición de patinaxe Artística. Participarán 189 patinadores de distintos clubes da provincia: Brincadeira (A Coruña), Dominicos (A Coruña), Baio, C.P. Sarela (Bertamiráns - Ames), C.P. Conxuro (A Laracha), Escola Lubiáns (Carballo), Patiart (Coristanco), C.P Alquimia (A Coruña) e C.P.A. Costa da Morte (Cee). O clube de Patinaxe Artística "Costa da Morte" comezou a súa andadura no ano 2014, contando na actualidade con 30 nenas de distintos puntos da comarca. A adestradora e fundadora do club, Jessica Bergantiños Ramallo (A Coruña 1988), formouse nesta disciplina dende os 3 anos de idade no Liceo e no Club Maxia; competindo sempre na primeira categoría e obtendo importantes podios tanto a nivel autonómico como nacional. Ademais desta, o concello de Corcubión ofrece dende o 18 de decembro e ata o 5 de xaneiro diversas actividades para todos os públicos entre as que destacan un festival de Nadal, Cantos e Contos de Nadal e a cabalgata de Reis. Programa programa nadal corcubion Cee O concello de Cee inicia hoxe a súa programación do nadal coa presentación da nova novela de José Manuel Otero Lastres,"Sombras de Ningurán". A obra, que se presenta no auditorio da casa da cultura da vila, está basada na vida de Crisanto López. Logo, o programa continúa ata o 5 de xaneiro con distintas actividades na que os protagonistas serán os amantes da música, do teatro e, por suposto, os nenos. programa nadal cee Cabana de Bergantiños Os nenos e as nenas tamén serán os protagonistas dos actos de nadal que organiza o concello de Cabana de Bergantiños. Ademais das cabalgatas en tren e a dos Reis polas distintas parroquias do municipio, os veciños e veciñas poderán participar nos beléns viventes, observar un espectáculo de patinaxe e chorar de risa coa obra de teatro Frankenstein, interpretada polo grupo Badius de Baio. programa nadal cabana   Muros programa nadal louro O concello de Muros vivirá "Un nadal cheo de contos" grazas a unha das actividades que se desenvolverá mañá, mércores, ás 13 horas no CEIP de Louro. Alí os nenos e nenas do centro educativo cantarán panxoliñas e contarán historias que falan do sentido destas datas. Desta forma tan divertida abordarán temas como a árbore de nadal, os bonecos de neves, os Reis,...   Novas relacionadas Fonte   

Comentarios