Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Xunta esíxelle a Autos Vázquez que repoña os servizos de transporte suprimidos

A Xunta esíxelle a Autos Vázquez que repoña os servizos de transporte suprimidos
A conselleira reuniuse cos alcaldes da zona e con representantes de Autos Vázquez A conselleira de Infraestructuras reuniuse cos alcaldes da zona e con representantes de Autos Vázquez Onte á tarde tivo lugar en Malpica unha xuntaza clave para o servizo do transporte colectivo na Costa da Morte onde se reuniron as partes afectadas polo incumprimento dos horarios dos autobuses. Foi nesta reunión onde Ethel Vázquez, conselleira de Infraestructuras e Vivenda, lle esixiu á empresa concesionaria - Autos Vázquez - que cumpra coas súas obrigas. Así llo requiriu aos representantes da empresa que participaron na xuntanza cos alcaldes dos municipios de Malpica, Laxe, Cabana de Bergantiños e Ponteceso, concellos afectados polos incumprimentos do servizo, reunión na que tamén participou a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas. Vázquez instou á empresa a repoñer os servizos suprimidos unilateralmente e comprometeuse a explorar todas as alternativas coa concesionaria e os concellos para garantir a prestación dos servizos necesarios aos veciños da Costa da Morte. A conselleira informou que a raíz das denuncias dos usuarios, desde setembro de 2015 ata a actualidade, os axentes de inspección do transporte da dirección xeral de Mobilidade realizaron diversas inspeccións ás empresas do Grupo Autos Vázquez para comprobar o cumprimento dos contratos de xestión do transporte público de viaxeiros. Case 18.000€ de multa Como consecuencia destes controis, iniciáronse dezanove expedientes sancionadores por unha contía total de 17.819 euros, quince deles por infracción moi graves pola non realización de expedicións de transporte de viaxeiros, o incumprimento de tráficos ou o transbordo inxustificado de viaxeiros; e catro por infraccións graves polo incumprimentos de paradas ou a utilización de vehículos non adscritos ao contrato de xestión. Así mesmo, expresou a disposición da Xunta a autorizar os cambios de horarios que se consensúen cos concellos afectados sempre e cando non implique unha reducción do número de expedicións. Novas relacionadas

Fonte

Comentarios