Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Abbey Road segue espallando encheu a música dos Beatles pola Costa

Abbey Road segue espallando encheu a música dos Beatles pola Costa

O concerto de Abbey Road no Auditorio Municipal de Cabana era unha das citas esperadas do verán cultural cabanés. Porque con ela se abrían as Noites de Cabana de Bergantiños e tamén porque nela actuaba Martín Senande, compoñente da banda natural da parroquia de Canduas.

Pódese dicir que Abbey Road xa conta cun público fiel que acode ós seus concertos. Nas primeiras fileiras das butacas observaban espectantes os seareiros máis novos e máis atrás os asistentes ó Campo de Traballo Rego dos Muíños miraban con sorpresa dado que para nada agardaban un concerto orixinal con letras en inglés. Público de todas as idades puido contemplar ó longo de máis de unha hora unha aposta nostálxica e á súa vez diferente dentro das ofertas culturais da Costa da Morte.

O espectáculo musical, baseado nos acordes de tres guitarras e os ritmos de batería, tivo case sempre en escena ós catro músicos, aínda que nalguha ocasión, como na interpretación do tema “Yesterday”, realizouse un só enriba do escenario. O acto foi presentado pola actriz e guitarrista Silvia Losada, que deu conta de que o panorama musical costeiro ten boa saúde.

Aquí vos deixamos co "She loves you".

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Departamento de Cultura, Educación e Normalización Lingüística do Concello de Cabana, da man de Xosé Manuel Varela.

Comentarios