Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Aberto o prazo para a segunda edició do proxecto ambiental do Grupo Xuvenil de Íntegro

integro medio ambiente
Un dos grupos xuvenís de Íntegro coas mans na terra
Aberto o prazo para a segunda edició do proxecto ambiental do Grupo Xuvenil de Íntegro

Compostaxe doméstica, traballo na horta, as famosas “3R” (reducir, reutilizar e reciclar) ou hábitos saudables son algunhas das temáticas que trata o Grupo Xuvenil de Íntegro, no marco do proxecto “Coidemos o noso entorno”, incluído no programa Iniciativa Xove que financia a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Un programa que arrinca a vindeira semana coa 2ª edición, permitindo o desenvolvemento de accións formativas e interesantes actividades ao aire libre, dirixidas aos integrantes do noso Grupo Xuvenil.

A primeira actividade do calendario dará comezo xa a finais da vindeira semana e consistirá na realización dun obradoiro sobre compostaxe doméstica, no que se abordarán cuestións relacionadas coa súa montaxe, funcionalidade e beneficios medioambientais. Ademais, da formación teórica, os/as alumnos terán a oportunidade de traballar na fabricación do noso propio composteiro, cedido por Sogama xunto ao material formativo necesario para o curso. As sesión desenvolveranse respectando o protocolo anti-COVID para garantir a seguridade e benestar de todos/as (distancia social, lavado de mans e xel hidroalcólico e uso obrigatorio de mascarilla).
As persoas, con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos, que estean interesadas en participar nesta actividade poderán inscribirse ata o mércores 10 enviando un mail a [email protected]. Hai prazas limitadas!

Integro horta

Ao longo do mes tamén se realizará un curso sobre hábitos de consumo responsable titulado “Invercook”, que permitirá aos membros do noso Grupo Xuvenil descubrir de primeira man o percorrido que realizan, da terra á mesa, os produtos do noso invernadoiro.

Voluntariado

Por outra banda, as instalacións de Nantón acollerán nas vindeiras semanas novas accións formativas dentro do proxecto de actividades de captación, sensibilización e formación de persoas voluntarias de Íntegro. Dende Íntegro animan a participar e unirse á súa familia.

Comentarios