Sábado. 04.07.2020
El tiempo

Aberto o prazo de solicitude do porgrama Cabana Meniñeiro

Aberto o prazo de solicitude do porgrama Cabana Meniñeiro

O Concello de Cabana abre o 25 de xuño o prazo de inscrición no Meniñeiro, programa que organiza cada verán o departamento de Servizos Sociais para axudar ás familias a compaxinar o seu traballo co coidado dos fillos/as durante a temporada estival mediante a realización de actividades educativas e lúdicas.

O campamento de conciliación está destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos empadroados en Cabana e terá lugar entre o 6 e o 31 de xullo, de luns a venres de 10:00 a 14:00, na Casa da Cultura e na Casa do Pendón. Os interesados deben realizar a súa solicitude do 25 ao 30 de xuño na sede electrónica municipal ou na Casa do Concello con cita previa.

comentarios