Mércores. 13.11.2019
El tiempo

ADEGA considera obsoleta a tecnoloxía da Mina de Ouro de Corcoesto

ADEGA considera obsoleta a tecnoloxía da Mina de Ouro de Corcoesto

Tras repasar as alegacións presentadas por Verdegaia en contra da Mina de Corcoesto, hoxe recibimos a posición de ADEGA, que xa tivo algún encontronazo ca prensa sobre este asunto.
ADEGA vén de presentar alegacións ao proxecto mineiro de ceo aberto.

Para comezar, considérao un "megaproxecto mineiro que minimiza os custos de produción a base de tecnoloxas obsoletas e contaminantes, pensado para maximizar os beneficios das multinacionais mineiras e os seus investidores no mercado especulativo do ouro. En troques, socializa os custos ambientais de ocupar máis de 700 ha con cortas a ceo aberto, balsas e escombreiras, alén dos riscos de usar millóns de litros de cianuro, cun nulo impacto sobre o tecido produtivo galego. Un proxecto máis propio da época colonial, ao que a Feijóo pretende concederlle dereito de pernada sobre o territorio e adxudicarlle subvencións directas mediante a declaración de "interese estratéxico".

A postura da entidade medioambientalista parece clara., Por exemplo, destaca que "a extracción redundará no incremento dos activos desta multinacional, que cotiza na Bolsa de Toronto", e nunca, na zona. Critican ademais a "compoñente especulativa" do ouro.
Fala tamén do perigo da sismicidade na zona, algo ata agora non prantexado.
E así, ata 9 puntos recolle a entidade nas súas alegacións e pide, ademais da súa posible anulación, que non sexa considerado Proxecto Estratéxico.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios