Martes. 16.04.2024
El tiempo

Os concellos de Bergantiños e a Xunta lembran que a primeira sentenza en galego foi en Carballo e se compromenten a usalo máis no eido xurídico

Os concellos de Bergantiños e a Xunta lembran que a primeira sentenza en galego foi en Carballo e se compromenten a usalo máis no eido xurídico
declaracion-carballo-xulgados A sinatura da Declaración tivo lugar onte en Carballo Os alcaldes da comarca de Bergantiños, representantes da Xunta e de Ixuga - Irmandade Xurídica Galega - asinaron onte en Carballo unha declaración na que se comprometen, entre outras medidas, a liderar o proceso de normalización lingüística no ámbito local e nos eidos das actividades administrativas e das profesións xurídicas. Para este fin solicitarán que se tramiten en galego os procesos xurisdicionais nos que sexan parte e, específicamente, procurar que os avogados e avogadas, e procuradores e procuradoras, que representen e defendan ao  concello e ás institucións públicas se expresen habitualmente nesa lingua; a elaborar en galego as escrituras públicas e os documentos administrativos e privados, e as inscricións nos rexistros públicos que promovan ou nas que interveñan, para o que, no seu caso, cursarán as instrucións oportunas aos seus servizos e asesores xurídicos; e a incorporar o galego como lingua habitual de traballo das forzas da policía local, tanto a nivel interno como nas súas relacións cos cidadáns e coas demais administracións públicas, especialmente cos órganos xurisdicionais. A declaración asinárona: Evencio Ferreiro, alcalde de Carballo; Xosé Lois García Carballido, alcalde de Ponteceso; José Muiño Domínguez, alcalde de Cabana de Bergantiños; José Manuel López Varela, alcalde de A Laracha; Abraham Gerpe Muñiz, alcalde de Coristanco; José Manuel Mouzo Castiñeira, alcalde de Laxe; Eduardo J. Parga Veiga, alcalde de Malpica; Xoaquín Monteagudo Romero, presidente da Irmandade Xurídica Galega; e Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística.

A primeira sentenza en galego, dunha carballesa

primeira-sentenza-galego Esta mañá tivo lugar en Carballo o acto de descuberta da placa que lembra a primeira sentenza en galego e da sinatura coa presencia da maxistrada Carmen Pose Antes da sinatura da declaración, tivo lugar o acto de descuberta da placa que lembra a primeira sentenza en galego e da sinatura. A protagonista foi a maxistrada coristanquesa Carmen Pose, que exerceu tres anos no xulgado de Carballo e que leva o nome nesa placa por redactar esas primeiras sentenzas en galego. "Sorpréndeme que en pleno 2018 se poña unha placa por falar en galego", declaraba a propia protagonista.

Fonte

Comentarios