Mércores. 08.07.2020
El tiempo

Aos alumnos de Zas tamén lle pode pasar

Aos alumnos de Zas tamén lle pode pasar

O pasado venres os/as alumnos/as de 3º da Eso de CPI de Zas recibiron unha charla sobre prevención de lesións medulares. Unha charla impartida pola Asociación Íntegro, de Cabana, que celebra así os seus 20 anos de existencia, espallando a súa experiencia polas escolas da zona.

Os alumnos zaenses aprenderon moitísimo coa actividade, que consistiu no visionado co corto "A tí tamén che pode pasar", onde se lle achegaron conceptos de que é unha lesión medular, como se produce, formas de previla e cal é o protocolo a seguir dende que se ten un accidente (tráfico, laboral, por zambullidas...) ata que a persoa chega o hospital e se lle detecta unha lesión medular.

Despois fíxose un coloquio onde se lles fixo reflexionar os/as alumnos/as sobre actitudes temerarias ante o volante, no laboral... Por último, fixeron un percorrido en cadeira de rodas polas instalacións do centro onde viviron por eles mesmos as dificultades de moverse en cadeira de rodas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

comentarios