Mércores. 17.04.2024
El tiempo

Apoios televisivos contra a mina de Corcoesto

Apoios televisivos contra a mina de Corcoesto

Novos apoios chegan para o movemento en contra da mina de ouro de Corcoesto cando coñecíamos que a apertura da mesma se retrasa medio ano.

Luís Miguel Domínguez Mencía (Madrid, 1963), considerado actualmente como un dos mellores divulgadores da natureza peninsular e director de programas de grande éxito en TVE como 'Biodiario' ou 'Amazonia: Última llamada' asinou e difundiu este fin de semana ós seus seguidores na rede a petición da Plataforma en Defensa de Cabana de Bergantiños para que o proxecto mineiro de Corcoesto non sexa autorizado.

O naturalista, recoñecido coma o sucesor natural de Félix Rodríguez de la Fuente e embarcado actualmente nun proxecto de defensa do lobo ibérico "Aulla por el lobo", sempre se caracterizou polo seu compromiso na defensa e protección do ámbito rural. En palabras de Rubén Lema, un dos voceiros de 'Salvemos Cabana': "É un magnífico apoio porque coa súa implicación demostrou moita solidariedade coa Costa da Morte e dalle sentido a nosa loita contra a minaría con cianuro en Corcoesto, a importancia que ten protexer o noso ámbito da depredación financeira de multinacionais sen escrúpulos e da corrupción a nivel institucional".

A petición da Plataforma Cabanesa, obtivo dende finais do verán un éxito sen precedentes ao conseguir a firma de case 17,000 persoas mostrando o seu rexeitamento ás políticas do presidente Feijóo en canto ao desembarco da megaminaría a ceo aberto en Galicia, polos graves danos ambientais e sociais que esta pode carrexar.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios