Venres. 29.03.2024
El tiempo

Aprendendo a normalizar a diversidade dende a escola con Íntegro

Aprendendo a normalizar a diversidade dende a escola con Íntegro
Ver e compartir é o primeiro paso para entender, para normalizar. E nesa liña traballa o programa de convivencia e sensibilización Capacíta-T que desenvolve Íntegro. Un programa que achega e naturaliza a diferencia e que, tratada dende idades tempranas, serve para ducar e capacitar aos máis pequenos/as en materia de diversidade e inclusión. Tras a recente visita dos/as estudantes do CPI de Zas, o mércores tocoulle a quenda aos alumnos e alumnas do CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño, en Malpica. E a experiencia, novamente, resultou ser un éxito! Ademais de gozar dunha xornada de convivencia, xogos e diversión xunto aos nosos usuarios e usuarias, tamén houbo tempo para a aprendizaxe achegándose ao día a día das persoas con diversidade funcional e descubrindo algunhas das súas múltiples habilidades. Unha breve charla sobre o funcionamento do centro e os seus servizos que realizan da man dos propios usuarios, e unha visita guiada, tocando, facendo e participando directamente nos obradoiros, serviron para captar a atención dos rapaces, que quedaron namorados da confección de pulseiras e a colección de xabóns de glicerina Bicos de Amora. Ao rematar a xornada, os/as estudantes confeccionaron un mural, que exporán no seu colexio, coas súas impresións sobre o centro e as experiencias vividas nel.

Fonte

Comentarios