Venres. 13.12.2019
El tiempo

As Mariscadoras do Anllóns colleitan premios ademais de berberechos

As Mariscadoras do Anllóns colleitan premios ademais de berberechos

A Agrupación de Mariscadoras do Esteiro do Anllóns asistiu o pasado 13 de outubro de 2011, en Madrid, á entrega dos Premios de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais na súa segunda edición. Foron 12 os proxectos premiados, sendo o das mariscadoras do Anllóns o que obtivo mellor puntuación de todos os presentados.

Os premios foron entregados directamente pola ministra de Medio, Medio rural e Mariño, Dona Rosa Aguilar, que resaltou a importancia destas iniciativas e o esforzo destas mulleres na mellora dos seus territorios e das condicións de vida da poboación local.

Destacar que este proxecto de todos os premiados era o único que tiña relación co sector do mar e da pesca. O proxecto mostraba a evolución da agrupación coa obtención da casa das Mariscadoras, o dispor de de unha depuradora para poder vender directamente o seu produto (o berberecho) e o proxecto de diversificación financiado polo GAC Costa da Morte.
Este último proxecto incluía entre as súas actividades a organización de xornadas de promoción do berberecho, no marco do Proxecto Berberecho, entre colectivos de hostaleiros da zona por parte de D. Miguel Silva Redonda (profesor da escola de Hostalería da Coruña), un curso de cestería para buscar novas formas de presentación do produto vídeos e material promocional para divulgar as actividades das mariscadoras, visitas de escolares e un pequeno punto de degustación do produto na casa das mariscadoras.

Novas relacionadas

Novas do mar

Fonte

  • Nota de prensa do GAC Costa da Morte.

Comentarios