Venres. 19.04.2024
El tiempo

As mariscadoras do Anllóns tamén van a Bruxelas

As mariscadoras do Anllóns tamén van a Bruxelas

Segue crecendo a sona internacional das mariscadoras do Esteiro do Anllóns. Se hai poucas semanas recollían un premio do Ministerio e ata varias visitas políticas, vimos de coñecer que o Proxecto Berberecho será coñecido en Europa. I é que o proxecto foi seleccionado como un dos 30 proxectos de toda a UE a participar nun gran evento en Bruxelas os días 3 e 4 de novembro de 2011. O evento tamén presentará os primeiros resultados dunha nova iniciativa experimental para impulsar o desenvolvemento das zonas pesqueiras de Europa (Grupos de Acción Costeira) .

A conferencia, titulada, "Un futuro sustentable para as zonas de pesca", está a organizarse a Comisión Europea e Dirección de Pesca e presentaranse algúns exemplos de principios dos novos proxectos no marco do Eixo 4 iniciativa do Fondo Europeo de Pesca (FEP).
"Estamos encantados de ser seleccionados para participar neste evento", di a presidenta da agrupación: "Espero que a nosa experiencia poida axudar a inspirar á xente noutras zonas de pesca para identificar oportunidades de desenvolvemento e outras empresas comerciais".

Diversificando o mar

O proxecto "Diversificación das actividades das Mariscadoras do Anllons", financiado polo Grupo de Acción Costeira Costa da Morte dentro do seu programa de axudas do Eixo 4 do Fondo Europeo de Pesca, céntrase na diversificación das actividades das mariscadoras e en probar novas formas e produtos que permitan mellorar os ingresos e a calidade de vida das mariscadoras e da súa contorna máis próxima.
Este proxecto, que pretendía diversificar a actividade das mariscadoras desenvolveu unhas xornadas orientadas a profesionais da hostalaría para que coñecesen o produto e diferentes formas de cociñalo, un curso de cestaría para experimentar con novas formas de envasado e presentación do produto, material promocional, un receitario e un vídeo para mostrar o oficio das mariscadoras.
Tamén se adquiriu un vehículo isotermo para o traslado do berberecho e dotouse á casa das mariscadoras da maquinaria imprescindible para realizar charlas informativas, recibir visitas de escolares e realizar degustacións de berberecho.

Un mar de mulleres

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do GAC.

Comentarios