Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As noites e as estrelas copan a oferta natural da Costa da Morte

As noites e as estrelas copan a oferta natural da Costa da Morte
Noites na Costa da Morte As noites son as auténticas protagonistas do verán na Costa da Morte, por diante do soliño que non sempre nos acompaña. Pero non só polas verbenas ou por citas singulares como os concertos de verán de Carballo, a Noite no Medievo de Rioboo, ou as Noites na Vila de Malpica. Senon por esas actividades ao aire libre nas que a natureza e as estrelas son protagonistas, demostrando ademais que a Costa da Morte ten un dos ceos máis ideais para gozar das mesmas. Estas son algunhas que se nos presentas estes días:

Iluminación Nocturna da Fervenza do Ézaro

O gran clásico natural nocturno dos nosos veráns, esa iluminación fermosa da nosa gran fervenza do Ézaro, un reclamo que hai que ver por obrigación, durantes os sábados, e algunha víspera de festivo, do verán (ata o 22 de setembro).

Ruta das Estrelas de Cabana

Probablemente os pioneiros en sacar estas rutas son os responsables do Dolmen de Dombate, que saen, de novo, este venres 10 de agosto a disfrutar, con Jorge Mira, do noso ceo.

Ruta nocturna en Santa Comba

No marco do proxecto Todo Cosmos, Santa Comba arma para este venres 10 unha subida ao Monte de San Bartolomeu coa presencia de Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela.

Saida estelar ao Monte Neme

A Plataforma pola defensa do Monte Neme artella unha saída para este sábado 11 de agosto para ver as Perseidas. Con saída dende Razo dun roteiro nocturno, con Jorge Mira e José María de la Viña para ver a chuvia de estrelas.

Noite dos Naufraxios no Cemiterio dos Ingleses

Singular aposta teatral a de Dequenquén teatro e Vive a Costa da Morte, con esta xornada nocturna, para o martes 14 de agosto, na incrible paraxe do Cemiterio dos Ingleses, en Camariñas.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-costa-da-morte-o-ceo-no-que-sobreviven-as-estrelas/

Comentarios