Sábado. 20.07.2019
El tiempo

A asociación Íntegro lanza unha APP gratuíta para informar das súas actividades

A implantación desta nova aplicación posibilitará a comunicación directa e instantánea da cidadanía coa entidade

A implantación deste novo soporte de comunicación foi posible grazas á colaboración da empresa segoviana Bandomovil
A implantación deste novo soporte de comunicación foi posible grazas á colaboración da empresa segoviana Bandomovil
A asociación Íntegro lanza unha APP gratuíta para informar das súas actividades

A asociación Íntegro, a entidade de persoas con diversidade funcional das comarcas de Bergantiños, vén de poñer en marcha un novo servizo de comunicación dirixido tanto aos seus socios/as como á cidadanía en xeral. Trátase dunha App gratuíta para dispositivos móbiles que posibilitará a comunicación directa e instantánea coa entidade a través da plataforma dixital Bandomovil, presente xa en máis de 800 concellos de toda España. Coa implantación desta nova aplicación, a entidade pretende dar un salto tecnolóxico e adecuarse aos novos tempos ofrecendo información puntual e detallada sobre as actividades e programas que desenvolve ao longo do ano.

A partir de agora, cun só click todas as persoas que o desexen poderán recibir de forma sinxela, rápida e inmediata información actualizada sobre o día a día da entidade. Ademais, a través da nova aplicación a comunicación cos destinatarios/as será bidireccional, xa que tamén poderán poñerse en contacto directo co centro de Nantón para notificar incidencias, facer consultas e/ou enviar calquera tipo de proposta que consideren oportuna para mellorar o funcionamento do centro ou a posta en marcha de novas iniciativas.

Para poder desfrutar deste novo servizo, os interesados/as tan só teñen que descargar nos seus dispositivos móbiles a nova APP, dispoñible tanto para os terminais Android (a través de Play Store) como para IOS-Apple (App Store). No primeiro caso, bastará con buscar “asociación Íntegro” mentres que no segundo poderá facerse a través da aplicación “bandomovil” seleccionando ”íntegro”.

A implantación deste novo soporte de comunicación foi posible grazas á colaboración da empresa segoviana Bandomovil, unha plataforma líder en España especializada en desenvolver aplicacións móbiles destinadas a facilitar a comunicación entre os cidadáns e as institucións, organizacións, clubes e/ou cooperativas que o precisen. Desde o pasado mes de xaneiro, tamén ofrece este servizo de forma solidaria a todas as entidades benéficas e asociacións sen ánimo de lucro que o soliciten.

Comentarios