Axenda para disfrutar un San Xoán festeiro na Costa da Morte
Temos xa as 7 herbas do San Xoán preparadas, pero toca xa facer plans para esta festa que cada ano convírtese en máis protagonista. Son moitas as frontes abertas, moitas cachelas que queimar e sardiñas que zampar en en ducias de praias e praias da bisbarra. Aquí repasamos as citas máis importantes.
Ademais, os amigos de 4gotas.com cóntanos que "non haberá chuvias en ningún punto da Costa, pero haberá moitas néboas. Non estará de mais achegarse un chisco ao lume para entrar en calor ou ben levar unha "rebequiña" porque refrescará.
Iso si, os San Xoán que se celebren na praia, ollo porque a preamar será ás 22:00h da noite e haberá pouca praia. Tes máis info aquí.
Un completo San Xoán Carballés
O programa máis ambicioso é sempre o do San Xoán Carballés que trae un completo programa. Este martes así teremos o famoso Concurso de Cachelas a partir das 19:00h polos barrios carballeses, e rematará coa verbena da orquestra Principal na Praza do Concello a partir das 23:00h.
Segue a troula o mércores, que comezan con bandas de música, pasarrúas na sesión vermú cos grandiosos Trópico de Grelos, e unha superverbena con Tango e Superhollydood a partiur das 23:00h.
O xoves, parada obrigatoria no descenso do Anllons e concerto de Auryn e a cousa non para ata o domingo.
A Lumarea de Camariñas
Sempre unha das citas do San Xoán dase en Camariñas. A praia Area da Vila acolle esta Lumarea, coa maior cachela de Galicia, sardiñada e verbena con El Combo Dominicano.
San Xoán de Sardiñeiro
Por Sardiñeiro, Fisterra, as lapas tamén subirán abondo. A sardiñada arrincará ás 21:00h, e a verbena o fará con Unión y Fuerza e a disco móbil, despois da cacharela.
A festa continuará o mércores.
No Ézaro
Unha das xa clásicas é a larada do Ézaro, ao carón da Casa de Pedra, con sardiñas, costela e brochetas e unha boa festa rachada.
A rúa de Cee
Este Martes 23, os bares da rúa da pena en Cee (Woodstock bar, O Recunquiño, O Crosal e bar Sada), xúntanse para festexar a noite de San Xoán. A partir das 20:00h terán sardiñas de balde, para logo dar paso a actuaciòn de Thais Suki, participante no popular concurso 'La Voz' de T5, xunto con Loren Devra, formando o grupo "Versus’.
3 días de San Xoán en O Esto
Por Cabana nun andan con tonterías e teñen 3 días de troula. O martes toca gran sardiñada e verbena co Dúo LIbertad. pero o xoves chega a Triunfo e o xove smáis m´ysica na sesión vermú.
Festas de Traba de Laxe
Por Traba celebran o Sacramento este venres 23 con verbena da man da Ismael e o mércores coa Nebraska.
San Xoán en Olveira
A cita dumbriesa será en Olveira e a golpe de mércores, con sesión vermú e verbena coa Menfis e a Filadelfia, rematando a ritmo de disco móbil.
San Xoán en Mazaricos
Por Mazaricos o San Xoán tamén se celebra o mércores 24 coas Iris e Armonia Show.
Novas relacionadas
- Preparando as 7 Herbas de San Xoán.
- San Xoán: 2014: 34270Polo San Xoán, a chuvia case molla o pan.
- San Xoán 2013: Un San Xoán de xurelos e muxicas.
- San Xoán 2012: Fermosa noite vermella de San Xoán.
- San Xoán 2011: Herbas, sardiñas e lume para unha noite cada vez máis meiga na Costa da Morte.
- San Xoán 2010: O lume bailou a ritmo de blues .
- San Xoán 2009: A Costa tamén vivíu a súa noite meiga a lume lento.
- San Xoán 2008: Un San Xoán sen cacharelas pero con blues e herbas.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).