Mércores. 18.09.2019
El tiempo

O BNG e PSOE presentan finalmente candidatura en Cabana

Este mércores publicaremos todas as listas das candidaturas dos 18 concellos da bisbarra para as eleccións do 26 de maio.

O BNG e PSOE presentan finalmente candidatura en Cabana

Serán 4 finalmente as candidaturas que se presentarán en Cabana estas eleccións. Ás xa sabidas candidatura do PP, cun alcalde que xa leva 16 anos no goberno, estarán a recén presentada Ciudadanía Independiente de Cabana, e non faltarán BNG e PSOE, que presentan listas a última hora.

BNGDavid Cancela Candidato BNG Cabana

Faltaba por coñecer a faciana que ía representar ao BNG no Concello de Cabana. Finalmente será David Cancela o que lidere a oposición ao eterno alcalde popular José Muíño.

Este bedel do colexio CEIP Gándara de Sofán, e árbitro do Fútbol da Costa lidera unha lista de 12 persoas, 6 homes e 6 mulleres, entre os que se atopan traballadores, autónomos, estudantes e xubilados con 4 incorporacións con respecto ó 2015. Teñen unha medida de idade de 40 anos, combinando a experiencia dos que xa foron concelleiros (Alejandro Rivera, María Luz Varela e o candidato David Cancela) coas gañas dos máis novos. O lema será “A Cabana dos 5000+1”.

 

PSOE

Juan Ramón Varela Martínez será o cabeza de lista do PSOE cabanés. Volve á política despois de moitos “no banquiño”, pero xa estivera con Fariña en primeira liña. Este Diplomado ten unha academia en Malpica e vive a cabalo entre Malpica, Carballo e Cabana. Hoxe ou mañá presentará a súa lista con varias caras novas, pero mantendo moita presencia da última.

Juan Varela Martinez PSOE Cabana

Novas relacionadas

Comentarios