Venres. 19.04.2024
El tiempo

Cabana descobre as consecuencias da ataxia na Costa da Morte

Cabana descobre as consecuencias da ataxia na Costa da Morte
  • Ataxia: Dise do trastorno caracterizado pola diminución da capacidade de coordinar os movementos musculares voluntarios

Así define o dicionario esta enfermidade que, de primeiras non se nos fai moi achegado. Pero esta fin de semana poderemos coñecer as consecuencias desta enfermidade na Costa da Morte. I é que os Servizos Sociais do Concello de Cabana veñen de artellar a presentación dos resultados da investigación sobre a "Ataxia na Costa da Morte".

A cita será o sábado 25 de febreiro, ás 16.15 horas. Terá lugar no Auditorio Municipal e nela participarán varios especialistas e investigadores ademais de membros da Asociación Galega de Ataxia. Un proxecto que levan en marcha dende o 2005, e que abre a esperanza en que este coñecemento poida abrir a porta a estudos que permitan frear os síntomas da enfermidade.

O alcalde José Muíño presentará ao Doutor Manuel Arias, que nos falará sobre a caracterización clínica desta enfermidade. Ademais a Doutora María Jesús Sobrido sobre a súa caracterización xenética.
Seguidamente Dª. Estrela Pita, Presidenta da Asociación Galega de Ataxias, acompañada do Secretario D. Ramón Moreira, terán unha breve intervención que versará sobre o asociacionismo. "Vantaxes de ter unha Asociación Galega de Ataxias que vele polos intereses dos atáxicos".
Pecharían o acto o Dr. D. Anxo Carracedo, Director Executivo da FPGMX e a Conselleira de Sanidade Dª Rocío Mosquera.

Proximamente será publicado un informe completo da investigación sobre a Costa da Morte ataxia nunha das máis prestixiosas revistas de neurología a nivel internacional.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios