Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Calendario de visitas da Unidade Móbil do DNI aos Concellos da Costa da Morte

Calendario de visitas da Unidade Móbil do DNI aos Concellos da Costa da Morte
Renovacion DNI

Os trámites “burrocráticos”… eses eternos compañeiros que non fan máis que entorpecer a vida cotiá. O do DNI é un deses trámites que temos que saber xestionar, máis nesta comarca onde só temos unha oficina fixa, a de Carballo. Ata ela se achegaron a tramitalo 8.600 veciños de toda a Costa da Morte, nos primeiros 9 meses de vida. E ata ela poden seguir facéndoo pedindo cita previa.

Pero tamén poden esperar a que chegue a Unidade Móbil, por iso traemos o calendario de visitas á nosa bisbarra, concello a concello, despois de falarmos coas comisaría da Coruña e de Santiago.

Lembren que teñen que apuntarse no seu Concello para reservar praza.

Visitas da Unidade da Coruña

  • Coristanco: 29 e 30 de maio.
  • Muxía: 4 e 5 de xullo (que alterna cada 6 meses coa visita a Camariñas).
  • Malpica: 31 de maio e 1 de xuño (que alterna cada 6 meses cos concellos de Cabana, e Laxe).
  • Ponteceso: 4, 5 e 6 de xuño (que alterna cada 6 meses cos concellos de Cabana, e Laxe).
  • Vimianzo: 28, 29 de xuño e 2 e 3 de xullo.
 

Visitas da Unidade de Santiago

  • Cee (ao que están adheridos os concellos Corcubión, Dumbría e Fisterra): do 5 ao 9 de abril; do 21 ao 23 de maio; do 22 ao 26 de xuño; do 5 ao 9 de outubro; e do 16 ao 20 de novembro.
  • Mazaricos: do 7 ao 9 de maio; do 19 ao 21 de xuño; do 19 ao 23 de outubro.
  • Muros (ao que está adherido o concello de Carnota): do 21 ao 23 de marzo; do 24 ao 28 de maii; do 16 ao 18 de outubro.
  • Santa Comba (ao que está adherido o Concello do Val do Dubra).
  • Zas: do 2 ao 6 de marzo; e 29 de novembro e 3 de decembro.
 

Novas relacionadas

  Fonte

Comentarios