Martes. 31.03.2020
El tiempo

Canto foi a redución en gasto público en educación entre 2009 e 2015?

Canto foi a redución en gasto público en educación entre 2009 e 2015?

Interesante colleita de datos a que vén de facer pública o PSdG provincial. A Agrupación Socialista leva denunciando os recortes en Educación dende hai tempon e hoxe tráenos unha comparativa, centro a centro, que demostra que os colexios e institutos públicos coruñeses perciben de media un 7% menos que en 2009, pese a que o IPC se incrementou nun 8,7% neste período. “É dicir, hoxe é máis caro o papel, o teléfono, o gasoil ou o tóner da impresora, pero as achegas da Xunta son menores que hai seis anos”, apuntou o secretario de educación soclista.

Denuncia que a Xunta recortou 1,2 millóns de euros dos fondos destinados ao funcionamento dos centros educativos da provincia da Coruña, dos que 160.000€ serían para a Costa da Morte, supoñendo unha redución na Costa da Morte do -9,22% e en Bergantiños do -8,02%, sendo, unha vez máis, os que encabezan a clasificación, con recortes por enriba da media provincial.
I é que ben sendo habitual que os recortes sexan “especialmente significativos en Secundaria e FP” e “en certas comarcas do ámbito rural, que sofren recortes que incluso duplican a media provincial”, coindicindo ademais co recorte de profesorado que xa denunciaron hai uns meses, e que deixan á nosa bisbarra con 245 mestres menos.

Resumo do recorte en gastos de funcionamento dos centros educativos (2009-2015) por comarcas

Provincia da Coruña-1.233.292 €(-7,06%)
Comarca da Costa da Morte-76.633 €(- 9, 22%)
Comarca de Bergantiños-84.028 €(-8, 02%)
Comarca de Barbanza-135.014€(-6,31%)

Resumo dos recortes centro a centro (2009-2015)

Recortes nos Centros de Ensino Costa da Morte 2009-2015-Fonte-PSDG Recorte nos centros de Ensino de Bergantinos 2009-2015-Fonte-PSdG Recortes Centros de Ensino Barbanza e Xallas 2009-2015-Fonte-PSdG

Novas relacionadas

Máis novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

  • PSdG.

comentarios