Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Carballo e Outes acollen charlas comarcais sobre as axudas da Deputación para asociacións

Carballo e Outes acollen charlas comarcais sobre as axudas da Deputación para asociacións
A Deputación abriu o prazo para solicitar as subvencións a entidades sociais, culturais e deportivas

Esta semana, a Deputación abriu o prazo para as subvencións a asociacións. E as charlas que a Deputación da Coruña organiza por toda a provincia para explicar os trámites a realizar para presentar unha solicitude de subvención chegan hoxe xoves a Carballo, en concreto ao Fórum (praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n).

Alí, dende as 20.00 horas os técnicos provinciais explicarán aos presentes os xeito de solicitar unha axuda da convocatoria ordinaria de subvencións cuxas bases saíron publicadas no Boletín Oficial da Provincia o pasado luns e que por terceiro ano consecutivo se realizarán por vía telemática. O prazo de presentación xa está aberto e se pechará ás 14.00 horas do 20 de novembro.

Antes desa data as entidades sen ánimo de lucro ou concellos interesados en solicitar unha destas axudas nas áreas de Promoción Económica, Cultura, Deportes e Servizos Sociais terán que ter presentada a súa documentación a través da plataforma dixital da web provincial www.dicoruna.es.

En Outes, para o sur

Precisamente para resolver dúbidas acerca desta plataforma ou sobre calquera outra cuestión do proceso, os técnicos provincias están a percorrer a provincia. Así, despois de Carballo, haberá outro encontro o venres en Outes. Destinado aos técnicos municipais e asociacións de Boiro, Lousame, Mazaricos, Muros, Noia, Outes, A Pobra, Porto do Son e Ribeira. Será na Casa da Cultura.

Novas relacionadas

Fonte

  • Deputación.

Comentarios