Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Completísima #AxendaCostadaMorte para gozar o Entroido

Completísima #AxendaCostadaMorte para gozar o Entroido
AxendaCostadaMorte Entroido 2018 Por fin chegou a esperada fin de semana do Entroido. Unha das citas máis esperadas do ano, cando o mellor o pasamos bromeando e gozando da retranca costeira. Traemos todos os programas municipais para saber onde hai que pasar as festas da fin de semana e tamén os tradicionais Enterros.

Parte de 4gotas.com

Trala fronte fría que pasou o na tarde do xoves e no venres de madrugada o vento volverá a ser do norte e volverá a achegar aire frío e inestabilidade. Durante a mañá e mediodía do venres haberá chuvias intermitentes no norte e no interior da costa, quedando o litoral oeste case sen chuvias. Xa non choverá na tardiña e na noite. O sábado será un día con nubes, pero sen chuvias ata o solpor. Coincidindo co anoitecer chegarán chuvias ao litoral oeste que se estenderán ao litoral norte durante as primeiras horas da noite e ao interior da Costa na madrugada do domingo. Choverá toda a madrugada e primeira metade da mañá do domingo. no mediodía xa só o fará no norte e interior da Costa, quedando sen chuvias o litoral oeste. O venres e a madrugada do sábado serán momentos de moito frío, subindo as temperaturas no mediodía do sábado, pero para volver a baixar na tarde do domingo, cando volverá a arrefriar. O luns será un día frío con chuvias e mesmo saraibadas. No litoral oeste só caerán a primeiras horas da mañá; no resto do día apenas caerán nesa zona da Costa. Pola contra, o martes, xa con ventos do suroeste, puntualmente fortes, o litoral oeste será o máis afectado polas chuvias. Caerán nese litoral pola mañá e xa no mediodía se estenderán a toda a Costa e a medida que avance a tarde iranse intensificando, acumulándose importantes cantidades de chuvia que continuarían o mércores. Toca martes e mércores de Entroido pasados por auga (moita semella) :-(  

Citas singulares

 

Entroidos costeiros

Exposicións

      • Tenda Turística Stoupa acolle este mes unha exposición do autor muradano Roque Rey.
      • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas.
      • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
      • As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos  (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
      • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.

Máis información

Fonte

Comentarios