Xoves. 05.08.2021
El tiempo

A comunidade escolar cabanesa homenaxea a dedicación de Paco Abella e Ana Fuentes

Paco Abella e Ana Fuentes homenaxeados en Cabana
Paco Abella e Ana Fuentes homenaxeados en Cabana
A comunidade escolar cabanesa homenaxea a dedicación de Paco Abella e Ana Fuentes

Sentida homenaxe a que a comunidade escolar cabanesa lle rendeu a Paco Abella e Ana Fuentes, dous mestres que levan toda a vida formando xeracións xeracións cabanesas, e que finalizan este curso a súa etapa como docentes no CPI As Revoltas.

Nun acto cargado de emoción, anécdotas doutros tempos de ambos protagonistas, poesía e incluso música, Paco e Ana recibiron un agasallo e o agarimo de todas as persoas que se achegaron ó salón de actos do auditorio.

Na cerimonia estiveron presentes o alcalde de Cabana, José Muíño; a concelleira de Sanidade e Servizos Sociais, Sheila Recarey; así como Silvia Losada e Martín Martínez por parte do departamento de Cultura.
Ó longo da cita participaron Brais Rellán Cundíns, Sheila Fariña, Laura García, Xurxo Alfeirán, Alda Alfeirán, Vanesa García, e a exalumna Maria José Imia a través dunha mensaxe en vídeo.

Paco Abella copia

Paco Abella

Paco Abella comezou a dar clase en Nantón no ano 1980. Dedicou toda a súa vida á ensinanza e a formar novas xeracións de cabaneses e cabanesas. Na súa andadura profesional tampouco faltaron grandes amizades con compañeiros de gremio, como recordou no seu discurso o propio Paco e reafirmaron as persoas que pasaron polo mesmo atril.
No CPI As Revoltas foi xefe de estudos do 1998 a 2006 e director entre o 2007 e o 2011. Xubílase logo “do traballo dunha vida”, segundo afirmou. “Mañá será o último día que acuda ó centro de xeito non voluntario, pero quedarán moitos máis días nos que regreso de xeito libre”, dixo con retranca.

Ana Fuentes

Ana Fuentes, pola súa banda, chegou ó centro cabanés no 2011. Asumiu a súa dirección desde o 2014 ata o 2019 e agora emprende “unha nova aventura cunha mochila cargada de ilusión e moi bos recordos”, segundo contou emocionada no seu discurso de agradecemento.
Así, entre bágoas e sorrisos, o acto pechouse coa interpretación en directo de ‘Un tempo en Cabana’, composta por Silvia Losada e interpretada en dúo con Jorge Campos.
 

comentarios