Venres. 19.04.2024
El tiempo

Obradoiro sobre cooperativismo en Cabana

cabana-cooperativismo
As sesións terán lugar os días 10,12, 17 e 19 de febreiro.
Obradoiro sobre cooperativismo en Cabana

A Casa da Cultura de Cabana acolle dende esta semana o obradoiro ‘Ideas cooperativas en acción’, que complementa a formación na dinamización do cooperativismo que se impartiu en decembro en Ponteceso. Dezanove persoas interesadas no emprendemento cooperativo dos concellos de Cabana, Ponteceso e Outes toman parte neste curso.

Este proxecto formativo organizado polos concellos de Ponteceso e Cabana de Bergantiños está promovido pola Unión de Cooperativas Galegas Espazo Coop dentro do programa de actuación 2020 da Rede Eusumo. O obradoiro consta de 4 sesións de 5 horas de duración que se desenvolverán os días 10, 12, 17 e 19 de febreiro. A través dunha metodoloxía activa e participativa, mostraranse aos participantes as condicións e pasos para emprender como empresa cooperativa, como analizar se a idea é un proxecto viable, así como o proceso para avaliar o grupo emprendedor e elaborar un plan de empresa.

Comentarios