Venres. 19.04.2024
El tiempo

Corcoesto chega ao Arcebispado para esixir a volta do sacerdote Leonel Díaz Guaque

Corcoesto chega ao Arcebispado para esixir a volta do sacerdote Leonel Díaz Guaque
A vecinanza de Corcoesto nunha reunion co vigairo para tratar o tema do sacerdote Leonel Diaz A veciñanza de Corcoesto nunha reunion co vigairo para tratar o tema do sacerdote Leonel Diaz

Xa o dixeron claro: “Faremos todo o posible para conseguir que volva de Colombia o sarcedore Leonel Primitivo”. Meu dito, meu feito.

Veciñanza de Corcoesto entrevistouse este pasado martes co arcebispo de Santiago de Compostela, para tratar sobre do regreso do sacerdote Leonel Díaz Guaque á parroquia de Corcoesto. Xulián Barrio recibiu a unha representación da veciñanza afectada de Corcoesto, quen apelou á caridade deste, para que removera as trabas eclesiásticas e facilitara os trámites precisos para axilizar o regreso do sacerdote redentorista ás súas parroquias.

Monseñor Barrio, que amosou toda a súa boa dispoñibilidade e colaboración para que o retorno do sacerdote redentorista se realizara en breve, informou de que pola súa parte xa realizara todos os trámites precisos, incluídas dúas cartas e o preceptivo informe favorable.

Reunion da veciñanza diante da igrexa de Corcoesto Reunion da veciñanza diante da igrexa de Corcoesto

O pai Leonel Primitivo Guauque Díaz foi apartado do cargo sorpresivamente, cando se atopaba ausente de España, mentras desfrutaba dun breve período vacacional autorizado en Colombia, o seu país de orixe. Se ben o argumento esgrimido pola curia compostelá é que o sacerdote debera tramitar os papeis precisos para solicitar a súa incardinación eclesiástica, a realidade é que este xa contaba con un nomeamento formal, ao igual que outros eclesiásticos nomeados na mesma data, como o párroco de Sta. María da Peregrina de Santiago de Compostela, o párroco de Baio, no municipio de Zas ou o de Sta. Baia de Curtis, en Teixeiro, entre outros. Mentras que os párrocos nomeados na mesma data que Leonel Díaz Guaque permanecen no exercicio da súa actividade pastoral, sen embargo, o de Corcoesto foi cesado.

En tanto que as parroquias afectadas esperan a pronta resolución eclesiástica e bo facer de monseñor Xulián Barrio, para conseguir a volta do párroco. Por agora a veciñanza afectada afánase na recollida de sinaturas para presentar tanto no obispado como na Cidade do Vaticano, a onde dirixiron a correspondente solicitude de audiencia á Prefectura da casa pontificia.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios