Venres. 19.04.2024
El tiempo

MULLERES

Corcoesto empodera a súa memoria homenaxeando ás súas mulleres sobranceiras

Mans de Xosefa Perez Muller de Corcoesto
Mans de Xosefa Perez Muller de Corcoesto
Corcoesto empodera a súa memoria homenaxeando ás súas mulleres sobranceiras

As entidades asociacitivas da parroquia cabanesa de Corcoesto prepara unha emotiva cita para este sábado 9 de marzo. Ás 16 horas, o local social de Cures acollerá unha homenaxe ás súas mulleres máis sobranceiras que fixeron país, cunha mesa redonda veciñal e a instalación dunha placa na súa memoria.

Entre as homenaxeadas están:

  • Sara Andrade, a muller de Corcoesto, titiriteira e artista, detrás dun dos teatros Barrigas Verdes de primeiros do século XX.
  • Luisa de Lanzós, a muller que se enfrontou ao mosteiro de San Martiño de Santiago, para reivindicar o lugar de Cardezo como seu, na parroquia de Corcoesto.
  • Tres mulleres de Corcoesto que desafiaron o poder do clero a principios do século XX: Josefa, Dolores Martínez Calvo e Concepción Calvo Amoedo.
  • María do Vilar, gaitera de sona, no Corcoesto do ano 1767.
  • Luisa e Isabel Ramona, as irmás de Corcoesto que loitaron a finais do século XIX pola redención dos foros.
  • Rosa de Corcoesto: a muller que cautivou ao bardo Pondal, transgresora, emprendedora e feminista.
  • As fillas de Rosa: madriña Antonia.
  • Manuela Cotelo, a muller que naceu en Sevilla e decidiu vivir en Corcoesto, cos seus avós.

Homenaxe as Mulleres de Corcoesto

Comentarios