Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Corcoesto estrea o seu tesouro documental

Corcoesto estrea o seu tesouro documental

Que mellor que unha boa estrea cinéfila para celebrar que a a empresa canadense Edgewater perdeu os dereitos mineiros de Corcoesto. Pois ben, o vindeiro sábado 7 de febreiro terá lugar a presentación da documental de Cora Peña “Tesouro de Corcoesto”.
Un proxecto que que recolle a loita e a controversia en torno ao proxecto de Corcoesto, realizado a través de 180 microdonacións, despois de colleitar máis de 8.400€ dende a plataforma Goteo.org.

A cita será no Pazo da Cultura de Carballo, as prazas xa prácticamente están cubertas a colaboradores emecenas, pois falamos dun proxecto levado adiante a través dunha campaña de crowfundind ou microfinanciamento.

Trala proxección hai previsto un coloquio, será un momento moi emotivo para reunirise por Corcoesto e celebrar a marcha definitiva de Edgewater das terras de Bergantiños.

Novas relacionadas

Fonte

Documental Tesouro de Corcoesto

Comentarios