Venres. 29.03.2024
El tiempo

Da carpintería á integración laboral

Da carpintería á integración laboral
Nove usuarios e usuarias de Íntegro participan nun obradoiro de carpintería Nove usuarios e usuarias de Íntegro participan nun obradoiro de carpintería Nove usuarios e usuarias de Íntegro - 6 pertencentes ao centro ocupacional e 3 socios da entidade con diversidade funcional - participan dende o pasado mes de setembro nun obradoiro de carpintería dentro do programa Infoase. As clases desenvólvense nun taller de carpintería cedido polo concello de Cabana de Bergantiños e que está situado na parroquia de Anos. O consistorio tamén colabora coa prestación do material e da maquinaria necesarios para a realización das prácticas. Durante as sesións, os alumnos e as alumnas do centro realizan traballos de todo tipo que abranguen dende a restauración de pezas de madeira, elaboración de pequenos mobles e reparación ou acondicionamento de elementos do mobiliario público. Para elo, contan co asesoramento e supervisión dun equipo docente integrado por profesionais do sector que posibilitan o desempeño dunha actividade real e produtiva de calidade. Progreso  As clases desenvólvense nun taller de carpintería cedido polo concello de Cabana As clases desenvólvense nun taller de carpintería cedido polo concello de Cabana "Tras cinco meses de aprendizaxe os progresos son moi notables e a valoración da actividade está a ser moi positiva", indican dende Íntegro. Desta forma, xa comeza a visibilizarse o traballo e o esforzo realizado polo alumnado que adquiriron unha maior habilidade e destreza manual das persoas usuarias ademais de mellorar a súa capacidade de concentración na realización de tarefas manuais tan delicadas e precisas. O obradoiro remata o vindeiro 30 de marzo polo que aínda lles queda tempo dabondo para perfeccionar a técnica e seguir poñendo en práctica todo o aprendido. "Agora só precisan que o mercado laboral lles dea unha oportunidade" aseguran os membros de Íntegro.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios