Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Degustando á Costa da Morte no Forum Gastronómic

Degustando á Costa da Morte no Forum Gastronómic
Degustando lubina salvaxe no Fresco y del Mar no Forum

Menudo lío que se monta en #ExpoCoruña con este Forum Gastronómic. Non nos estraña nada a sona que ten como unha referencia gastronómica única, co mellor da cociña galega, nacional e internacional. Ollo que o ano pasado pasaron 21.000 persoas polo Forum, e este arrinque vai camiño de batela marca…

Pois era a dominical a primeira xornada, a máis adicada ao público en xeral (luns e martes continúa, pero máis enfocada aos propios hosteleiros) case se podía colgar o cartel de completo. Non había espazo para ningunha presentación, e conseguir un anaco nas catas queixo, marisco, xamón… produtos todos de primeira calidade, era toda unha demostración de paciencia.
Pero merece a pena, e tanto, como comer na parte lateral, onde se pode comer de marabilla nunha serie de postos itinerantes vintage. Curioso pareceunos o feito de que, a pesar de tanta elaboración e cocina 2.0, a meirande cola, a das #Galeguesas (hamburguesas con carne galega) de toda a vida!

A Costa da Morte, moi presente

Emilio Louro Milucho no Forum con Fresco y del mar Milucho presentando FrescoydelMar no Forum Gastronomic

Pero quixemos achegarnos ata o Fórum para coñecer de primeira man a presencia da Costa da Morte. Invitados estivemos pola nova empresa carnotá de venda de marisco online Fresco y del mar. Puidemos degustar unha fantástica lubina salvaxe, i é que a pesca artesanal e sustentable é un axioma para este proxecto, como distintivo ante a marea de iniciativas de venda a través da rede cada ano.

Puidemos falar ademais con Emilio Louro, Milucho, home tan vencellado ao mar despois de estar 20 anos no pósito de Lira, participando activamente nun exemplo a nivel mundial como é a Reserva Mariña dos Miñarzos a pesar do esquecemento administrativo. E puidemos escoitalo na presentación no stand de Turgalicia, da súa proposta gastronómica, da man de 3 restaurantes do Freixo.

A Casa do Arco co GAC3 e Conservas Cerdeimar no Forum Gastronomic

Puidemos ver tamén ás xentes do GAC3, que presentaron un posto coa xente de Conservas Cerdeimar, Panadería Forniños, Lonxamar.com e as Mariscadoras do Anllóns.

E vimos tamén o posto de Distribucións Guimareu, a marca ceense espallada por Galicia, quixo amosar todos os seus produtos e posibilidades.

Tamén estaba presente o Polbo de Lonxa, que ademais, despois de moitas vicisitudes cos maioristas, terá unha boa ocasión de chegar aos mellores restaurante da man dunha gran distribuidora.

Guimareu no Forum Gastronomic

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios