Mércores. 03.03.2021
El tiempo

Dombate roza os 30.000 visitantes en 2017

Dombate roza os 30.000 visitantes en 2017
Visitantes en Dombate

A semana pasada coñeciamos o número de visitantes que recibía o castelo de Vimianzo en 2017. E sorprende ver que a cifra é moi semellante á do Dolmen de Dombate (case 30.000) a chamada catedral do megalitismo.

É certo que dende a inauguración do Centro Arqueolóxico en 2011, o número de visitantes segue medrando e medrando (dos case 23.000 de 2014 aos 28.743 de 2017), alcanzando un aumento do 25%. É certo tamén que en todo momento se respectou o aforo máximo de 30 visitantes dentro do pavillón de Dombate e se repartiron os mesmos ó longo das 3.130 visitas guiadas ofertadas en 2017 (e actividades complementarias como visitas teatralizadas, nocturnas, concertos, roteiros…).

Sen cifras oficiais do Faro Fisterra, podemos comparar estes números cos do Faro Vilán, que apenas nos meses de xullo, agosto e setembro deste ano xa superaron a cifra dos 32.000 visitantes.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios