Venres. 29.03.2024
El tiempo

Entidades costeiras levan á Xunta perante a ONU por impedir acceso a documentación ambienta

Entidades costeiras levan á Xunta perante a ONU por impedir acceso a documentación ambienta
IMpresionante a mina de Barilongo Santa Comba lugar da rodaxe de Lobos Sucios Imaxe da mina de Varilongo Unha petición das asociacións costeiras Petón do Lobo e O Ouriel do Anllóns (entidades integrades na rede ContraMINAcción) acaba de ser recollida polo Comité de Cumprimento do Convenio Aarhus. Unha petición na que denunciaba que a Xunta non permiten o acceso á información ambiental de iniciativas industriais e mineiras. As entidades costeiras solicitaran información sobre as minas de Varilongo, de Santa Comba, e as minas de San Fins de Lousame, así como diversos inventarios sobre os riscos de balsas e escombreiras e de labores mineiras abandonadas espalladas por todo o país. Pero a Xunta "pon trabas ao acceso dos informes sobre planos de restauración e do estado hidrolóxico”. Deste xeito, a dirección Xeral de Enxeñería e Minas, dirixida por Bernardo Tahoces, dependente da consellería de Industria dirixida por Francisco Conde, terá que explicarse ante a Comisión de Cumprimento do Convenio de Aarhus, dependente da ONU. As entidades lembran que hai proxectos en marcha como macromina de cobre proxectada nos concellos de Touro, Pino, Boqueixón e Santiago, e que "os impedimientos no acceso á información continúa sendo un dos principais obstáculos para os movementos sociais implicados na defensa do territorio". As asociacións denuncian que "o silencio negativo e os obstáculos e condicionamentos continuados ao acceso da información ambiental dos expedientes mineiros, por parte da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, son a práctica habitual dun departamento que pon por enriba da protección do medio ambiente os intereses económicos e comerciais, cando non directamente a tentativa de ocultar e encobrir actuacións irregulares por parte das concesionarias mineiras e da administración. Esta opacidade é a outra cara da moeda dunha situación grave de grave abandono das responsabilidades da administración frente os problemas ambientais e de saúde pública derivados das explotacións mineiras, como son as balsas mineiras e verteduras de drenaxes ácidas de mina en Monte Neme, San Finx en Lousame, Varilongo en Santa Comba,  Touro, e un longo etcétera".

Tras a admisión a trámite desta primeira reclamación conxunta das afectadas, iníciase arestora unha fase procedimiental na que o organismo internacional revisará e seguirá de perto cada unha das actuacións da Xunta en materia de acceso á información ambiental, non só dos casos denunciados, máis de xeito xeral, visto o alegato de vulneración sistemática dos recorrentes.

Fonte

  • Petón do Lobo

Comentarios