Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Escolares do CEIP San Vicenzo de Vimianzo visitan as instalacións de Íntegro

Escolares do CEIP San Vicenzo de Vimianzo visitan as instalacións de Íntegro
O alumnado do CEIP San Vicenzo de Vimianzo fixo un circuito de mobilidade en cadeira de rodas O alumnado do CEIP San Vicenzo de Vimianzo fixo un circuito de mobilidade en cadeira de rodas Un grupo de 54 escolares do CEIP San Vicenzo de Vimianzo participaron na mañá de onte nunha nova edición de Visítanos!, tras a visita o ano pasado de varios colexios de Camariñas e Ponte do Porto. Trátase dunha actividade educativa incluída no programa Capacíta-T coa que a asociación Íntegro pretende concienciar, educar e capacitar en materia de diversidade funcional aos máis pequenos. A visita comezou ás 10:30h cunha breve presentación da entidade para dar a coñecer os obxectivos e valores cos que traballa en favor das persoas con diversidade funcional. Dende o primeiro momento, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria amosáronse moi participativos e interesados en coñecer o día a día do centro e achegarse á inclusión partindo das súas propias ideas, moitas delas preconcibidas e ditadas por unha sociedade desigual. Tamén se proxectou un vídeo resumo das actividades levadas a cabo ao longo do 2015. Durante algo máis de dúas horas os participantes realizaron un percorrido polas instalacións para coñecer de preto o funcionamento do centro e o traballo que realizan os usuarios e usuarias nos obradoiros ocupacionais. Xardín terapéutico Cincuenta e catro alumnos e alumnas do colexio de Vimianzo asistiron a terceira edicion de Visitanos! organizada por Integro Cincuenta e catro alumnos e alumnas do colexio de Vimianzo asistiron á segnda edición de "Visitanos!" organizada por Integro A visita ao invernadoiro foi unha das máis agardadas polos rapaces e rapazas do CEIP San Vicenzo de Vimianzo. Tras escoitar as explicacións da enxeñeira agrónoma de Íntegro puxeron en práctica moitos dos coñecementos aprendidos. No xardín terapéutico traballaron con plantas aromáticas, transplantándoas e realizando diversos traballos de composición. O taller de artes manuais foi outra parada obrigada. Alí tiveron a oportunidade de coñecer algunhas das técnicas empregadas polos usuarios e usuarias do centro para confeccionar os produtos de artesanía que realizan e que máis dun escolar tamén se animou a elaborar. Pero, sen dúbida, o momento máis divertido chegou ao final coa realización dun circuíto de mobilidade e desprazamento en cadeira de rodas por equipos co finalidade de achegar aos máis pequenos á realidade da diversidade, xogando coas barreiras ás que cada día deben facer fronte moitas persoas con diversidade funcional. Unha proba moi entretida e novidosa na que tiveron que poñer en práctica o seu enxeño e habilidade para sortear todo tipo de obstáculos.A mellor maneira de comprobar que a diversidade é cuestión de capacidades, non de discapacidades. Íntegro xa traballa na 3ª edición de Visítanos! que será o vindeiro 11 de maio coa visita dun grupo de alumnos e alumnas do colexio de Laxe. Novas relacionadas Fonte

Comentarios