Martes. 19.03.2024
El tiempo

Un falecido en Cabana tras un accidente de moto

Accidente mortal de moto en Cabana
Un falecido en Cabana tras un accidente de moto

Tráxica noite a deste xoves. Ademais do accidente mortal cun tractor acontecido en Nemeño (Ponteceso), pasadas as 21:30h tiña lugar outro accidente de tráfico no lugar de Rebordelo. que tamén se cobraba a vida dunha persoa: o condutor dunha moto que colisionou cun coche na estrada de Cánduas a Laxe.

O impacto provocou que envorcara o coche, e fixo que unha moto que viña por detrás tamén colisioanara, quedando o condutor da segunda moto, un home de Corcoesto, e o condutor do coche, feridos leves e trasladados en Ambulancia ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

Foron mobilizados polo 112 Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Carballo, ao GES de Ponteceso e a Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Comentarios