Mércores. 20.11.2019
El tiempo

Fotodesfeita: Sendeirismo, deporte de risco nas zonas afectadas polos parques eólicos

Sinal de perigo por posibls caídas de bloques de xeo no parque eólico Mouriños, en plena Serra do Gontón, Cabana
Sinal de perigo por posibls caídas de bloques de xeo no parque eólico Mouriños, en plena Serra do Gontón, Cabana
Fotodesfeita: Sendeirismo, deporte de risco nas zonas afectadas polos parques eólicos

Esta semana a comprometida asociación Salvemos Cabana comprobou en primeira persoa o que supón que a túa terra sexa invadida por viraventos. Esas andainas dominicais polos seus camiños de toda a vida non volverán ser iguais, debido a instalación, neste caso, do parque eólico de Mouriños.

Un sinal, nas inmediacións do Pico da Fernandiña, advirte do perigo de caída de bloques de xeo que se poden formar nas aspas dos aereoxeneradores, convertindo en deporte de risco “un valioso recurso para o turismo verde e un dos roteiros de sendeirismo de referencia da Costa da Morte”.

Un Parque que provocou unha grave afección á paisaxe, convertindo unha das serras, a do Gontón, máis virxes da comarca de Bergantiños “en solo industrial e central eléctrica”.

Novas relacionadas

Máis novas sobre eólicos

Comentarios