Íntegro abre unha nova edición de Visítanos! cos escolares de Camariñas e Ponte do Porto
07:07 30/11/16
36 alumnos e alumnas de Camariñas e da Ponte do Porto visitaron as instalacións de Íntegro
Con motivo do día internacional da Diversidade Funcional, que se conmemora o vindeiro 3 de decembro, a asociación Íntegro abre un ano máis as súas portas para celebrar unha nova edición de Visítanos!; unha actividade educativa incluída no programa Capacíta-T coa que a entidade pretende concienciar, educar e capacitar en materia de diversidade aos máis pequenos.
Nesta ocasión, 36 alumnos e alumnas do CEIP O Areal de Camariñas e do CEIP da Ponte do Porto visitaron as instalacións de Nantón para coñecer de preto o funcionamento do centro e o día a día dos usuarios e usuarias. A xornada comezou cunha breve presentación da entidade para explicarlles aos estudantes os obxectivos e valores cos que se traballa en favor das persoas con diversidade funcional. Dende o primeiro momento, os alumnos e alumnas amosáronse moi participativos e interesados en achegarse á inclusión partindo das súas propias ideas, moitas delas preconcibidas e ditadas por unha sociedade desigual como quedou ben patente coa proxección da curtametraxe Lo Incorrecto, da Fundación Prevent. Tamén se lles amosou un vídeo resumo coas actividades levadas a cabo ao longo do 2015.
O día a día de Íntegro
Os alumnos e alumnas coñeceron o día a día dos usuarios e usuarias de Íntegro
Durante algo máis de dúas horas os alumnos e alumnas realizaron un percorrido polas instalacións para coñecer máis polo miúdo o traballo que realizan diariamente os usuarios e usuarias de Íntegro nos diferentes obradoiros ocupacionais. O taller de artes manuais foi parada obrigada. Alí tiveron a oportunidade de descubrir algunhas das técnicas empregadas polos usuarios e usuarias de Íntegro para confeccionar os produtos de artesanía que comercializan; como os xabóns de glicerina da colección Bicos de Amora.
A visita ao invernadoiro foi, sen dúbida, unha das que suscitou maior expectación entre os escolares que non dubidaron en amosar os coñecementos adquiridos tras as explicacións dadas polos técnicos de Íntegro. No xardín terapéutico traballaron con plantas aromáticas, transplantándoas e realizando diversos traballos de composición, dignos de verdadeiros artistas. Así mesmo, realizaron un taller de recoñecemento de especies arbóreas autóctonas.
Un dos momentos máis divertidos chegou ao final mañá coa realización dun circuíto de mobilidade e desprazamento en cadeira de rodas coa finalidade de achegar aos máis pequenos á realidade da diversidade, xogando coas barreiras ás que cada día deben facer fronte moitas persoas con discapacidade.
Unha proba moi entretida e novidosa na que tiveron que poñer en práctica o seu enxeño e habilidade para sortear todo tipo de obstáculos. A mellor maneira de comprobar que a diversidade é cuestión de capacidades, non de discapacidades.
Novas relacionadas
- Os usuarios de Íntegro apúntanse a reciclar
- Íntegro informa sobre a prevención das lesións medulares aos escolares.
- Íntegro e La Caixa asinan un convenio de colaboración para un programa vacacional
- De visita a Madrid
- Íntegro pecha o sétimo curso do PIMD Rural
- Íntegro lánzase ao crowdfunding
- Laxe súmase ao programa formativo para mulleres con disCapacidade de Integro
- Íntegro imparte cursos para mulleres con disCapacidade en Ponteceso e Malpica
- “Bicos de Amora”, a nova marca de xabóns de glicerina de Íntegro
- Íntegro forma a mulleres con diversidade funcional do rural costeiro
- Escolares do CEIP San Vicenzo de Vimianzo visitan as instalacións de Íntegro.
- Íntegro amplía o Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade a varios concellos
- Un San Valentín doce e moi Íntegro
- Cogami interésase polo traballo da Asociación Íntegro.
- Íntegro avanza cara a Inclusión a base de experiencias persoais.
- Íntegro imparte en Malpica un curso de colocación de pladur e de pintura
- Íntegro recibe o apoio da Deputación da Coruña
- Íntegro prepara un completo programa para o Día da Inclusión
- Unha Carreira para integrar.
- Os discapacitados somos nós.
- 40 persoas con discapacidade insertáronse en Bergantiños a través de COGAMI.
- Íntegro normaliza a diferencia na Diversiescola de Carballo.
- 2014: Íntegro, Adisbismur, Ambas e Misela celebraron o Día da Inclusión en Ponteceso.
- 20 anos de integridade dende Cabana para toda a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Íntegro