Íntegro formará 12 persoas con diversidade funcional en materia de agricultura e xardinería gracias á Fundación Once
02:31 31/12/18
Non para de medrar Íntegro e agora vólcase nunha nova acción formativa de inclusión sociolaboral relacionada co agro. Será a través da Fundación ONCE. que vén de resolver favorablemente unha axuda económica para a posta en marcha dunha nova acción formativa denominada “actividades auxiliares de agricultura e xardinería”, que se desenvolverá ao longo do ano 2019. Dita actividade, forma parte da Convocatoria de axudas económicas da Fundación ONCE no marco do Programa Operativo de Inclusión Social 2014-2020, co-financiado polo Fondo Social Europeo (FSE).
Os destinatarios/as do novo curso serán 12 persoas con diversidade funcional da Costa da Morte, aos que se lles facilitará tanto formación específica sobre a materia como en competencias transversais para a mellora do emprego.