Luns. 14.10.2024
El tiempo

Íntegro leva a súa campaña de prevención de lesións medulares ao CPI Alcalde Pichel

Íntegro leva a súa campaña de prevención de lesións medulares ao CPI Alcalde Pichel
integro-cpi-alcalde-xose-pichel O alumnado puxo en práctica a súa destreza cunha cadeira de rodas Íntegro aproveita os últimos días lectivos para visitar os centros escolares da contorna co fin de continuar divulgando a campaña de prevención de lesións medulares. Nestas ocasión foron os alumnos e alumnas de 3º da ESO do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco quenes recibiron esta semana a visita do presidente de Íntegro, Adolfo López Baña, o vogal da entidade David Pombo e dúas das nosas socias e voluntarias, Teresa e Elena. Xunto aos poñentes tamén acudiu Jessica, unha usuaria do centro, que lle fixo entrega aos estudantes duns folletos informativos nos que se detalla polo miúdo que é unha lesión medular e cales son as principais causas e consecuencias de padecela. Durante a charla teórica, seguida con gran interese e expectación polo alumnado, fíxose especial fincapé na necesidade de adoptar medidas de prevención para evitar este tipo de accidentes, na súa maioría mortais ou de secuelas irreparables. Neste senso, insistiuse na necesidade de non realizar prácticas de risco, como “zambullidas” en praias ou piscinas e imprudencias ao volante por inxestión de alcol, estatisticamente máis frecuentes durante a temporada estival. Os conferenciantes tamén relataron as súas propias vivencias e as dificultades de vivir sobre unha cadeira de rodas, momento que suscitou gran curiosidade entre os mozos e mozas, interesados/as en descubrir como era o seu día a día. E despois da teoría, veu a práctica. Máis dunha trintena de alumnos/as abandonaron as aulas para poñer a proba a súa habilidade e destreza sobre dúas rodas. Tras realizar un circuíto de obstáculos coa mobilidade reducida deixaron claro que en materia de diversidade están máis que capacitados/as.   Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios