Venres. 19.04.2024
El tiempo

Íntegro leva ao CPI As Revoltas a súa campaña de prevención de lesións medulares

Íntegro leva ao CPI As Revoltas a súa campaña de prevención de lesións medulares
cpi-as-revoltas-integro O pasado martes, membros da Asociación Íntegro presentaron no CPI As Revoltas de Cabana a campaña de prevención de lesións medulares “A ti tamén che pode pasar” é o título do vídeo elaborado pola asociación Íntegro para informar e sensibilizar á poboación sobre os accidentes medulares. E, este curso académico, os responsables da entidade decidiron incorporalo á campaña de prevención de lesións medulares que están a levar a cabo nos centros educativos da Costa da Morte para achegar aos máis novos/as o día a día das persoas que padecen esta doenza e conciencialos/as sobre as importancia de previr riscos innecesarios. O martes tocoulle a quenda a un grupo de 45 alumnos e alumnas do CPI As Revoltas, en Cabana de Bergantiños. O alumnado de 3º e 4º da ESO seguiron con gran atención o contido dun documental que lles fixo ver de fronte como unha imprudencia che pode cambiar a vida. Tras a proxección do vídeo, o presidente de Íntegro - Adolfo López Baña - insistiu na necesidade de evitar prácticas de risco, especialmente ao volante e en praias e piscinas, principais causantes da maioría dos accidentes irreversibles entre a mocidade da nosa contorna. integro-cpi-as-revoltas-cabana Alumnado de 3º e 4º da ESO asistiron á sesión na que incluso poideron vivir as súas experiencias sobre unha cadeira de rodas Xunto a López Baña tamén estiveron outros membros da asociación como o vogal David Pombo e Teresa Fuentes, voluntaria e socia. Ambos relataron as súas experiencias sobre unha cadeira de rodas e explicaron as dificultades que han de superar cada día para o desempeño das súas actividades cotiás. Unha charla que, sen dúbida, espertou o interese e a curiosidade dos/as escolares que non perderon detalle das intervencións como ben demostraron máis tarde cando tocou pasar á acción. Despois da teoría, chegou a práctica e, axudados por unha monitora do centro e varios usuarios/as, os e as estudantes foron poñendo a proba a súa habilidade nun circuíto de obstáculos coa mobilidade reducida. Mestres/as e alumnos/as decidiron subirse á cadeira de rodas para poñerse na pel das persoas con discapacidade e ser quen de ver as barreiras que a diario nos resultan invisibles. Un exercicio que foi superado con nota pola súa destreza e, sobre todo, pola súa sensibilidade e a incrible capacidade de empatía e adaptación. Esta actividade está co-financiada pola Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña e conta ademais coa colaboración das administracións locais e de numerosas empresas privadas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios