Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As “Julias” mineiras de Corcoesto seguen tendo presencia no PXOM de Cabana

As “Julias” mineiras de Corcoesto seguen tendo presencia no PXOM de Cabana
Plano do Plan urbanístico municipal de Cabana tras a súa aprobación inicial Plano das Concesións Mineiras do Plan urbanístico municipal de Cabana tras a súa aprobación inicial

Seguen aí. Os proxecos mineiros Julia 2, Julia 3, Julia 4, Julia 5 e Julia 6 seguen plasmados no Plan Xeral de Ordenación Municipal que o Concello de Cabana aprobou inicialmente no pleno do pasado 22 de marzo. Seguen a ser dereitos mineiros solicitados por Mineira de Corcoesto, S.L, filial da canadiana Edgewater, que afectan, sobre todo, á parroquia de Corcoesto, pero tamén ás de Riobó, Anós e Canduas.

Unha problemática que preocupa a moitos veciños porque afecta directamente ás casas e ás granxas, é dicir, a núcleos de poboación habitados.

As entidades asociativas da contorna lembran que os dereitos mineiros foron solicitados en 2011 pola matriz da empresa canadiana Edgewater e denegados por silencio administrativo da Xunta de Galicia en 2013, tras unha batalla vencida pola sociedade galega.

Deste xeito, aínda hai dereitos mineiros caducados recollidos no PXOM, como Emilita, Ciudad del Masma e Ciudad de Landró, ademais dos de Egdewater.

Lembran os colecticos cabaneses que as zonas coñecidas como “As Julias” afectan a áreas especialmente importantes desde o punto de vista paisaxístico e natural como o val fluvial do río Lourido ou ao LIC Río Anllóns.

Agora a veciñanza espera a reunión informativa do vindeiro 2 de maio.

Novas relacionadas

Fonte

  • Asociación Petón do Lobo.

Comentarios