Sábado. 20.04.2024
El tiempo

La aventura del saber, de TVE, emite unha reportaxe sobre o dolmen de Dombate

La aventura del saber, de TVE, emite unha reportaxe sobre o dolmen de Dombate
  • A partir do min.44, a sección El Túnel del Tiempo visita o Dolmen de Dombate.
  O dolmen de Dombate é protagonista do programa de La 2 de TVE “La aventura del saber” que se emite hoxe. O programa, que se emite a nivel nacional de 10 a 11 horas, incluirá un documental de 12 minutos sobre a historia e o proceso de conservación e musealización do dolmen, que forma parte do patrimonio da Deputación da Coruña e está considerado como “a catedral do megalitismo galego”. Un documental que xa podedes ver dende a web de TVE. A reportaxe contará coas intervencións de Patricia Mañana-Borrazás - arqueóloga do Instituto de Ciencias do Patrimonio do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) - e de José Manuel Yáñez - xefe do servizo de Arquitectura da Deputación da Coruña- . “La aventura del saber” é un veterano programa divulgativo de Televisión Española presentado por María José García e Salvador Gómez Valdés, que leva en antena dende outubro de 1992, ofrecendo aos espectadores reportaxes sobre temas de interese relacionados coas humanidades, a ciencia, a tecnoloxía ou a natureza.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios