Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Laxe súmase ao programa formativo para mulleres con disCapacidade de Integro

Laxe súmase ao programa formativo para mulleres con disCapacidade de Integro
programa formativo do PIMD Rural integro Segue sementando éxitos o programa formativo do PIMD Rural posto en marcha pola asociación Íntegro trala recente adhesión do concello de Laxe. Así son xa catro os municipios da Costa da Morte que se suman ao servizo de asesoramento e intervención integral a mulleres no ámbito social, laboral, educativo e cultural. Deste xeito, o concello de Laxe e Íntegro levarán a cabo do 7 ao 12 deste mes un obradoiro de Artes Manuais. Haberá dúas sedes: o local social de Traba, onde as sesións formativas se levarán a cabo de 09:30 a 11 horas, e o local social de Laxe, onde se celebrarán de 11:30 a 13 horas. Esta nova actividade do PIMD está cofinanciada pola Unión Europea dentro do programa de “Subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade”. As mulleres con disCapacidade terán preferencia, aínda que a iniciativa está aberta a todas as mulleres. As interesadas poden informarse no departamento de Servizos Sociais de Laxe (981 706 903) ou en Íntegro (981 734 985). Outras localidades En Ponteceso, en colaboración co Departamento de Servizos Sociais, ao longo deste mes e do vindeiro haberá cursos de Redes Sociais e Internet, Informática Básica e Mecanografía, Cociña: tapas e aperitivos, e Artes Manuais. As mulleres interesadas poden informarse e inscribirse no centro de recursos de Íntegro, en horario de 09 a 17, ou no departamento de Servizos Sociais de Ponteceso (981 714 000). As mesmas especialidades están en marcha xa dende o mes de maio, e continuarán en xuño, no propio centro de recursos de Íntegro, en Nantón - Cabana de Bergantiños -. En Malpica, en colaboración coa concellería de Servizos Sociais e a Secretaria Xeral de Igualdade, tamén se levarán a cabo dúas accións formativas durante os meses de xuño e xullo. No centro Cívico terá lugar a partir do 9 de xuño un curso de tapas e aperitivos, que se celebrará os xoves de 10 a 12 horas. Na casa do Oleiro de Buño haberá clases de Informática os mércores, de 10 a 12 horas, a partir do 8 de xuño. Como no caso anterior, as prazas son limitadas, e terán preferencia as mulleres con algún tipo de diversidade funcional. As interesadas poden informarse no centro de recursos de Íntegro (981 734 985) ou no departamento de Servizos Sociais de Malpica (981 720 280). Novas relacionadas Fonte

Comentarios